Xornada Arte+Educación

 A xornada Arte+Educación asume a continuidade das distintas achegas que desde a Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega se veñen desenvolvendo nos últimos anos: Arte+Espazo Público, Arte+Grandes Eventos, Arte+Crise Social, Arte+Narrativa Gráfica, Arte+Pintura ou Arte+Coleccionismo.

 
 
Arte+Educación sitúa o foco sobre este binomio vertebral para a estrutura das artes visuais contemporáneas porén desatendido, ou mal atendido, desde o propio sistema.
 
 Arte e Educación. Que estratexias son posibles no eido da creación, educación e mediación artísticas? Que espazo ocupa a educación artística no contexto do sistema arte? Que relacións se establecen entre as artes visuais e outras disciplinas? Que responsabilidades poden ter as institucións nestas relacións?
 
 Participa a educación artística doutros focos interdisciplinares e colaborativos xunto a outras áreas de coñecemento? Que estratexias de integración disciplinar se poden abordar desde a educación artística? Estas tácticas, de que modos se poden inserir na resolución doutras problemáticas?
 
 Arte+Educación ofrecerá achegas analíticas desde distintos campos de actuación: a creación, a educación, a docencia e a mediación artística. Analizando modos, tácticas e responsabilidades, reflexionando sobre o rol das institucións e sobre se estas poderían absorber novos modelos de mediación horizontal e participativa.
 
 No encontro, alén da participación dos relatores e relatoras convidados, cóntase coa colaboración e implicación de profesionais do contexto galego relacionados coa investigación das relacións entre Educación e Arte. Como resultado desta colaboración, configurouse un horizonte conceptual sobre os contextos, as formacións, os colectivos, as institucións e os campos de estudo relacionados coa educación artística. Na resolución formal deste proxecto colaborativo, nesa configuración dun posible mapeo conceptual, convídase aos participantes e asistentes da xornada.
 
PROGRAMA
 
ARTE VERSUS EDUCACIÓN: DIÁLOGOS E CONTRADICIÓNS
 10:00 horas
 Presentación
 
 10:30 horas
arte+educación: espazos para a transformación
Andrea de Pascual, Pedagoxías Invisibles
 
 11:30 horas
Entre-medias dos bens comúns. Cruzamentos e conflitos entre políticas culturais e educativas
Javier Rodrigo, Transductores
 
 12:30 horas
 Pausa
 
 13:00 horas
 Mesa de debate
ARTE+EDUCACIÓN
 Modera: Natalia Poncela López
 Participan:
Andrea de Pascual
Javier Rodrigo
Federico López Silvestre, Facultade de Xeografía e Historia, Universidade de Santiago de Compostela
Almudena Fernández Fariña, Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo
 
 Sesión da tarde
FORMACIÓN ARTÍSTICA E CREACIÓN DE NOVOS PÚBLICOS
 
 16:30 horas
Espaços ativos de participação democrática: Processos artísticos em contextos educativos
Teresa Torres de Eça, InSEA. International Society for Education Through Art
 
 17:30 horas
 Mesa de debate
ESTRATEXIAS DE MEDIACIÓN
 Modera: Natalia Poncela López
 
 Participan:
Teresa Torres de Eça
Cristina Trigo, Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Santiago de Compostela
Juan Fernando de Laiglesia, Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo
Xabier Lorenzo, CEIP Pedrouzos, Brión 

sabado 21 maio 2016

En CONVOCATORIAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram