XIII Mostra Internacional Gas Natural Fenosa

O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC), co obxecto de promover e dar visibilidade aos novos valores artísticos, convoca a 13ª Mostra Internacional Gas Natural Fenosa.

1 PARTICIPANTES E OBRAS
1.1_Poderán participar artistas de calquera nacionalidade sen máis limitación que as impostas pola legalidade vixente no estado español.
1.2_Cada participante poderá presentar unha soa obra, realizada empregando calquera técnica ou seguindo calquera procedemento artístico.

2 PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN
2.1_Os interesados deberán remitir o formulario de inscrición, dispoñible na páxina web do MAC,
antes das 15.00 h (GTM +1) do 11 de xuño de 2014. O devandito formulario, que deberá ser debidamente cuberto exclusivamente online, consta dos seguintes campos:
 
a_Datos persoais do participante.
b_Ficha técnica da obra presentada.
c_Texto explicativo da obra, do cal o MAC se reservará o dereito de reprodución.
d_Un máximo de tres fotografías da obra presentada a concurso, ou un link se se trata dun vídeo.
e_Currículo profesional ordenado cronoloxicamente dende a actividade máis recente.
f_Breve informe artístico con fotos de obras recentes.
g_ Fotocopia do DNI (ou equivalente).
h_ Aceptación das bases da 13ª Mostra.
(mostra)13
internacional
Gas Natural Fenosa

3 PROCESO DE SELECCIÓN
3.1_O proceso de selección constará de dúas fases:
a_Preselección:
Tras o peche do prazo de presentación de inscricións, o xurado realizará unha preselección
das obras presentadas. O MAC fará pública a preselección do xurado durante a semana do 23 ao
27 de xuño de 2014 a través da súa páxina web.
No listado de obras preseleccionadas indicarase a data de presentación destas.
b_Selección:
De entre as obras recibidas no prazo indicado, o xurado realizará a selección definitiva, cuxo
resultado será publicado no sitio web do MAC e comunicado aos autores seleccionados.

4 PREMIOS
4.1_Establécense os seguintes premios e as súas respectivas dotacións económicas:
Primeiro premio: 15.000€
Segundo premio: 10.000€
Terceiro premio: 7.000€
Cantidades suxeitas á retención fiscal vixente no momento do pagamento.
4.2_O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios.
4.3_As obras premiadas e todos os seusdereitos pasarán a ser propiedade da Colección de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, depositada no MAC.

5 XURADO
5.1_O xurado da 13ª Mostra estará integrado por profesionais recoñecidos dos ámbitos da
cultura e a creación artística. A composición do xurado farase pública coincidindo coa
publicación do fallo do concurso.
5.2_A decisión final do xurado farase pública durante o mes de xullo de 2014 no sitio web do MAC.
5.3_A decisión do xurado será inapelable e a este corresponde resolver calquera circunstancia non
prevista nestas bases. A interpretación destas bases é labor exclusivo dos membros do xurado.

6 EXPOSICIÓN
6.1_As obras seleccionadas pasarán a formar partedunha exposición colectiva que se celebrará no
MAC da Coruña a partir do mes de xullo de 2014.
6.2_As pinturas, debuxos e fotografías deberán presentarse preparadas para a súa exhibición.
6.3_ As obras en formato audiovisual serán remitidas nunha memoria USB e deberán achegar indicacións técnicas para a súa correcta montaxe e exhibición.
6.4_ As esculturas non poderá exceder os 100 kg de peso.
6.5_ Non se admitirán obras realizadas en materiais perigosos para o seu transporte,
manipulación ou para a integridade da propia obra.

7 REMISIÓN, COIDADO E DEVOLUCIÓN DE OBRAS
7.1_Os gastos de embalaxe e transporte correrán a cargo do artista. As devanditas obras poderán
ser enviadas por calquera medio de transporte ou depositadas persoalmente nas dependencias
do MAC. A embalaxe debe asegurar a integridade da obra e ser reutilizable, de tal
forma que a devolución das obras seleccionadas se poida realizar na mesma embalaxe.
7.2_ En ningún caso se aceptarán obras en mal estado ou que non ofrezan todos os elementos
necesarios para a súa correcta exposición.
7.3_As obras seleccionadas non premiadas deberanse retirar a partir da clausura
da exposición nun prazo máximo de quince días. Poderán retirar as obras
os seus autores, persoas autorizadas e axencias de transporte logo de aviso.
7.4_O feito de non retirar as obras implicará a cesión destas por parte dos seus autores
a unha institución cultural, docente ou de carácter humanitario, autorizándose
expresamente ao MAC a efectuar a entrega destas. O MAC non responderá de perdas,
roturas, roubos, danos ou calquera outro dano que puidese producirse. En ningún caso as
obras pasasen a formar parte da Colección de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa.
7.5_O MAC emitirá unha póliza de seguro que cubrirá as obras durante
a súa estanza no museo.
7.6_O MAC poñerá o máximo celo no coidado das obras recibidas pero declina toda responsabilidade por eventuais danos, extravíos, roubos ou calquera outra circunstancia que puidese producirse durante o seu envío e devolución.

8 OUTRAS CONDICIÓNS
8.1_Os artistas seleccionados autorizarán que se cite o seu nome, así como a reprodución gráfica das obras seleccionadas e os seus respectivos textos explicativos para calquera tipo de difusión ou publicación que o MAC considere oportuno facer.
8.2_A participación na Mostra implica a total aceptación destas bases e a conformidade coa decisión do xurado.
8.3_A organización resérvase o dereito a facer modificacións ou tomar iniciativas non reguladas nestas bases, sempre que supoñan melloras que afecten directamente ao éxito do certame.

PREMIO JULIÁN TRINCADO
O Concello da Coruña, dentro da presente edición da 13ª Mostra, convoca o Premio Julián Trincado,
dotado con 6.750 €, conforme ás seguintes bases:
1_O premio outorgarase á mellor obra de autor galego presentada á Mostra.
2_O premio será único, non podendo ser dividido.
3_O premio non poderá ser declarado deserto.
4_O xurado será o da correspondente edición da Mostra, integrándose no mesmo un representante municipal designado pola Alcaldía.
5_O fallo do xurado será inapelable.
6_A peza gañadora pasará a ser propiedade do Concello da Coruña.
7_O Premio Julián Trincado réxese polas mesmas normas que a Mostra.

venres 23 maio 2014

En CONVOCATORIAS | | Permalink






os comentarios foron deshabilitados.




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram