XIII Bienal de Pintura Jose Luis Fernández

BASES 
 
1. Participantes
 
Poden participar neste certamen de pintura, todos os artistas que o desexen, sen límite de idade.
 
Cada autor poderá presentar un máximo de dúas obras que non sexan premiadas noutro certamen.
 
2. Tema
 
As obras serán orixinais.
 
O tema, así como a técnica e materiais empregados serán de libre elección.
 
O tamaño das obras non será inferior a 46cm nin superior a 150cm en calquera dos seus lados.
 
Non se admitirán obras protexidas con cristal, pero si con metacrilato ou material plástico irrompible.
 
3. Premios
 
Un único premio de 1800.
 
O veredicto do xurado farase público durante a inauguración da exposición, así como a entrega do premio, e terá lugar no Centro cultural Deportivo de Boiro o 3 de Xuño de 2016.
 
A obra premiada pasará a formar parte do patrimonio cultural do Centro Cultural Deportivo de Boiro, e esta poderá ser reproducida por calquera procedemento sempre que o estime oportuno, sen que deba pagar ao autor outra cantidade que o importe do premio.
 
4. Entrega
 
As obras entregaranse sen marco ou como máximo cun sinxelo listón, de ancho non superior a 2cm. Non se admitirán obras sen bastidor.
 
Ao facer a entrega das obras entregaráselles un recibo.
 
O prazo de presentación das obras será do 3 ao 29 de Abril, en horario de 17:30 a 20:30h. Centro Cultural Deportivo de Boiro Rúa Severo Ochoa nº 4-6 Boiro (A Coruña) Mail: ccdboiro@gmail.com
 
Xunto coa obra entregarase a seguinte documentación:
CV do autor
Medidas
Técnica
Nome e apelidos, idade, domicilio, teléfono de contacto e mail.
Prezo de venda ao público. Todos os gastos que xere o envío e devolución das obras, incluso as seleccionadas, serán por parte do concursante, non responsabilizándose o Centro Cultural Deportivo de Boiro dos desperfectos que puidesen sufrir por mor do seu transporte ou traslado, aínda que se procurará por parte da Entidade organizadora o máximo coidado e atención ás obras
 
5. Xurado
 
O Xurado será designado pola Directiva do Centro Cultural Deportivo e a súa composición permanecerá en segredo ata que se de publicidade ao seu dictame.
 
6. Exposición das obras
 
O xurado fará unha selección de ata 20 obras que serán expostas no centro cultural Deportivo de Boiro entre os días 3 de xuño e 24 de xuño do 2016.
 
Os 20 seleccionados serán expostos no Centro Social de Boiro durante o mes de Agosto.
 
7. Devolución das obras
 
As obras recolleranse no Centro Cultural Deportivo de Boiro.
 
Nun prazo de 30 días naturais a partir do 5 de Xuño, as obras non seleccionadas deberán ser retiradas personalmente ou pola persoa debidamente autorizada.
 
Nun prazo de 30 días naturais a partir do 1 de Setembro, as obras seleccionadas deberán ser retiradas personalmente ou pola persoa debidamente autorizada.
 
De non ser retiradas no prazo previsto pasarán a ser propiedade do Centro Cultural Deportivo, quen dispoñerá libremente delas.
 
A participación nesta Bienal supón a total aceptación das Bases.
 
Boiro, Abril de 2016

martes 12 abril 2016

En CONVOCATORIAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram