XI Premio internacional de arte gráfica Jesús Núñez

Na liña de apoio á creación artística que leva a cabo a Deputación da Coruña e, en concreto, ao desenvolvemento da arte gráfica, así como en recoñecemento ao labor realizado pola Fundación “Centro Internacional da Estampa Contemporánea” de Betanzos e á ampla traxectoria do artista Jesús Núñez, o seu fundador, a Deputación da Coruña convoca o “XI Premio internacional de arte gráfica "Jesús Núñez", de acordo coas seguintes:

 
BASES
 
Primeira.-
Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade, calquera que sexa a súa nacionalidade, que non obtivesen o premio nos catro anos anteriores a este, e que presenten obras coas que non participasen anteriormente en ningún outro concurso ou certame.
 
Segunda.-
Establécense os seguintes premios:
* Primeiro premio indivisible, dotado con 6.500 € e unha exposición na Fundación CIEC.
Esta cantidade está suxeita ás retencións legais que lle sexan de aplicación.
* Dous accésits consistentes, cada un deles, nunha bolsa de matrícula dun módulo do Mestrado de Obra Gráfica impartido pola Fundación CIEC.
Os tres traballos premiados quedarán en propiedade da Deputación da Coruña, así mesmo, as autoras ou autores das tres obras entregarán outro exemplar, igual ao premiado, á Fundación CIEC, con destino aos fondos da súa colección.
A Deputación poderá publicar ou expoñer os tres traballos premiados e, logo do acordo previo coas súas autoras ou autores, poderá publicar ou expoñer, tamén, aqueles traballos que non fosen premiados e que o xurado considere de calidade.
As persoas cuxas obras sexan incluídas na exposición recibirán tres exemplares do catálogo.
 
Terceira.-
Cada artista poderá presentar un máximo dunha obra, en calquera das disciplinas das técnicas gráficas:
gravado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e as súas derivacións.
As obras presentaranse asinadas, sen enmarcar e ao dorso deberá figurar o nome e apelidos da persoa autora, e o ano da súa realización.
As medidas do papel non excederán de 76 x 112 cm e o tamaño da mancha impresa será, como mínimo, de 28 x 28 cm. O grosor das obras non poderá superar 1 cm
Á obra presentada achegarase a seguinte documentación:
 
* Datos da autoría: nome e apelidos, NIF (ou documento que o substitúa, para artistas estranxeiros), lugar e
data de nacemento, teléfono, correo electrónico.
* Relación de méritos que non exceda dun tamaño DIN A4, por unha cara.
* Ficha técnica: título, técnica, data, tipo de papel, medida do papel (altura x base), medida da mancha
(altura x base), número de matrices, número de tintas, tirada e taller de estampaxe.
 
Cuarta.-
O prazo de presentación de obras iniciará o día 1 de xuño de 2016 e finalizará o día 30 de xullo de 2016.
As obras enviaranse á Fundación CIEC, rúa do Castro 2, 15300 Betanzos, A Coruña, España, indicarase no sobre: "XI Premio internacional de arte gráfica "Jesús Núñez".
 
Quinta.-
O xurado estará presidido pola deputada presidenta da Comisión de Cultura e Normalización Lingüística, e formarán parte del: don Jesús Núñez, e catro persoas de recoñecido prestixio no ámbito da arte gráfica, nomeadas por aquela. Exercerá as funcións de secretaría o secretario da Corporación ou a funcionaria ou funcionario en que delegar.
A composición do xurado darase a coñecer con anterioridade á súa reunión no taboleiro e na páxina web da Deputación, co fin de que se poidan interpoñer os recursos legais pertinentes.
 
Sexta.-
As persoas participantes teñen a obriga de comunicarlle á Deputación a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no momento en que esta situación se produza; esta circunstancia dará lugar á súa exclusión deste concurso.
O xurado actuará en pleno, en sesión se é posible única, sendo necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros. Para os efectos da validez da súa constitución, será de aplicación o disposto no art. 26.1 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente.
O xurado poderá declarar deserto o premio. A proposta correspondente presentaráselle á deputadapresidenta da comisión de Cultura e Normalización lingüística, que resolverá a aprobación da proposta.
A decisión do xurado terá lugar no segundo semestre de 2016 e darase a coñecer no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación.
O xurado poderá realizar unha selección (que será de 30 obras como máximo) entre as obras non premiadas, para a súa inclusión nunha exposición, que será inaugurada na Fundación CIEC e que, posteriormente, itinerará por municipios da provincia.
 
Sétima.-
As obras non seleccionadas, enviadas desde territorio nacional, devolveranse ás súas autoras ou autores, por mensaxería a portes debidos; os envíos procedentes do estranxeiro deberán vir achegados de “cupóns resposta internacional de correos”, que cubran a totalidade dos gastos de envío no seu envoltorio orixinal.
No caso de que algunha obra non se envíe achegada dos cupóns sinalados no parágrafo anterior, entenderase que a súa autora ou autor renuncia á súa propiedade, polo que deberá achegar, neste caso, un escrito coa súa sinatura, por medio do que fará renuncia expresa á propiedade da obra e á súa cesión á Deputación.
 
As obras que resulten seleccionadas para a exposición serán devoltas, nas condicións establecidas no parágrafo anterior, ao finalizar a súa itinerancia.
 
Oitava.-
A Deputación da Coruña correrá cos gastos dos seguros das obras durante o tempo no que permanezan no seu poder, e sempre que este non supere os prazos sinalados para a súa retirada.
A Deputación da Coruña e a Fundación CIEC non se fan responsables da deterioración, extravío, roubo, etc.
que poidan sufrir no transporte as obras enviadas ao Premio.
 
Novena.-
A participación nesta convocatoria supón, tanto a total aceptación destas bases como a autorización á Deputación para a inclusión das obras seleccionadas no catálogo da exposición

martes 31 maio 2016

En CONVOCATORIAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram