XI Premio de banda deseñada Castelao

 XI Premio de banda deseñada “Castelao”

 
Tendo en conta a significación do colectivo que traballa na creación en banda deseñada en Galicia, que é considerado o máis importante do panorama estatal, a Deputación da Coruña, sensible á significación que está a ter este sector da cultura galega, convoca o XI Premio de Banda Deseñada “Castelao”, de acordo coas seguintes:
 
BASES
 
Primeira.-
 
Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiados neste certame nos catro anos anteriores a éste, e que presenten narracións en banda deseñada escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro premio ou certame.
 
As obras presentadas poderán ser escritas e debuxadas, cada unha delas, por un máximo de dúas persoas autoras (unha como guionista e outra como debuxante).

Segunda.-
 
Establécese un premio único dotado con 6.500 €, estando esta cantidade suxeita ás retencións legais que lle sexan aplicables.
 
A Deputación, que publicará a obra premiada, se reservará os seus dereitos de edición durante un prazo de dezaoito meses, que se contará desde a data da concesión do premio, e entregará á persoa gañadora trinta exemplares da obra editada.
 
A autora, autor ou autores manterán os dereitos para a posible edición da obra en calquera outra lingua distinta á galega. Esta edición non poderá ser realizada, en ningún caso, con anterioridade á edición en lingua galega.
 
Terceira.-
 
A temática das obras será libre, e poderá tratarse dunha historia única ou dun conxunto de historias.
 
O traballo será presentado por duplicado e en exemplares separados, numerados, grampados ou encadernados, da seguinte forma:
 
O libro terá que estar rematado, tanto en guión como en debuxo.
 
O formato deberá ser de mancha 26 x 19 cm, ou proporcional.
 
O tamaño dos orixinais: mínimo DIN A4 e máximo DIN A3.
 
No caso de que a maiores o traballo se presente en soporte dixital, deberá figurar a tamaño final (26 x 29 cm) e en resolución de 300 ppp para color, 400 ppp para grises, ou 600 ppp para branco e negro, en soporte CD e formato TIFF.
 
A extensión mínima será de 48 páxinas.
 
Para a súa valoración enviaranse copias encadernadas en DIN A4 con calidade láser.
 
Os orixinais seranlle requiridos ao gañador para o proceso de edición e de preparación da exposición.
 
Cada obra será presentada baixo o sistema de plica, polo que será enviada achegada dun sobre á parte, en cuxo exterior conste: XI Premio de Banda Deseñada “Castelao” , o título da obra ou o seu lema, así como o pseudónimo da persoa que sexa a autora da obra; no seu interior será incluída unha copia do documento de identidade, o enderezo, un teléfono de contacto, un correo electrónico, un breve currículo e unha declaración de que a obra é inédita e que non foi premiada, até a data de presentación, en ningún outro certame ou premio.
 
Ademáis deberá achegar un escrito no que manifeste a súa conformidade coa cesión dos dereitos de edición da obra (incluidos os de publicación, distribución e explotación) por un prazo de dezaoito meses desde a data da concesión do premio.
 
No caso de autoría conxunta, ademáis do documento anterior, deberá incluírse un documento explícito coa participación de cadaquén e a porcentaxe do premio pactada entre as persoas autoras e asinada por elas.
 
Cuarta.-
 
O prazo de presentación de orixinais comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o día 30 xuño de 2016
 
Os orixinais serán enviados á Deputación da Coruña, Avda. Porto da Coruña 2, 15006 A Coruña, indicando no sobre “XI Premio de banda deseñada “Castelao”.
 
Quinta.-
 
O xurado estará presidido pola deputada presidenta da Comisión de Cultura e Normalización Lingüística e tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito da banda deseñada, nomeadas por ela. As funcións de secretaría exerceralas o secretario da Corporación, ou a funcionaria ou funcionario en que delegar.
 
A composición do xurado darase a coñecer, con anterioridade á súa reunión, no taboleiro e na páxina web da Deputación (www.dacoruna.gal), co fin de que se poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes.
 
Sexta.-
 
As persoas participantes terán a obriga de comunicarlle á Deputación a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do concurso.
 
O xurado actuará en pleno, en sesión a ser posible única, e será necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros. Para os efectos da validez da súa constitución aplicarase o disposto no art. 26.1 da Lei 30/1992 do Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
 
As deliberacións serán secretas e delas será redactada a acta correspondente.
 
O xurado poderá declarar deserto o premio, e a proposta que formule sera obxecto da resolución da deputada presidenta da comisión de Cultura e Normalización Lingüística, que resolverá a súa aprobación.
 
A decisión do xurado, que terá lugar no segundo semestre de 2016, será dada a coñecer por medio do taboleiro de anuncios e da páxina web da Deputación.
 
Se hai unha obra finalista, a plica correspondente á obra poderá ser aberta pola persoa que exerza a secretaría do xurado, co fin de que, se a súa autora, autor ou autores o permiten, poida ser dado a coñecer o seu nome.
 
Sétima.-
 
Non se devolverán as obras presentadas e non premiadas e, a partir do día seguinte ao da decisión do xurado, serán destruídas.

martes 31 maio 2016

En CONVOCATORIAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram