Victoria Diehl. No nudo gordiano

O proxecto expositivo “En el nudo gordiano” xorde como un percorrido pola traxectoria artística de Victoria Diehl. Deste xeito, a mostra compóñena obras de todas as series e traballos máis representativos da creadora. Todo nace dun modo coherente, lóxico e sobre todo fluído. Parece coma se unha obra fose levando cara a outra dunha forma natural pero mantendo cada serie as súas singularidades. A influencia do clasicismo, presente no propio título da exposición, e o romanticismo pódese recoñecer en todas as súas fotografías; as súas imaxes inspíranse en lendas e os mitos da antigüidade, sendo o corpo o eixo central do seu traballo, e o espido feminino un dos seus temas predilectos. A artista chega a cuestionar os límites da natureza nunhas obras que reflexionan sobre temas tan actuais como a beleza, os canons físicos e o paso do tempo.  

 
A primeira serie “Vida y muerte de las estatuas” (2003-2004) intégrana pezas que parecen ofrecernos unha sorte de proceso de resurrección das estatuas de pedra, reencarnándose en seres vivos, con escintileos de vida nos seus fríos corpos. É nestas fotografías  onde podemos identificar con maior claridade a estética clásica e a súa relación co mito de Pigmalión, a historia que viu a luz en Occidente a través das “Metamorfosis” de Ovidio, na cal o novo escultor, por medio dunha intervención sobrenatural e namorado da súa obra, conseguiu vivificar a súa creación escultórica, abrindo camiño tanto á especulación filosófica como á imaxinación popular.
 
No seu seguinte traballo “El cuerpo vulnerable” (2007) parece coma se a artista xogase co proceso inverso, e como lle ocorreu á muller de Lot, castigada á súa saída de Sodoma,  os corpos reais vanse convertendo en pedra, nun proceso de perda de cor e vida que greta a súa pel e cuartea as superficies, xurdindo a beleza dos corpos comidos polo tempo, dos fragmentos e ruína das cousas.
 
A súa última serie “En las moradas del castillo interior” (2011-2013) tende unha ponte entre arte e ciencia presentándonos unhas belas imaxes de mulleres espidas;  corpos barrocos, católicos, a medio camiño entre a conversión e a éxtase que remiten ás modelos anatómicas de cera, en concreto á “venerina” do renacentista italiano Clemente Susini, e á iconografía relixiosa, cos corpos de santas mulleres exhibidas nas igrexas, como na icónica Santa María da Victoria de Roma.
 
As fotografías de Diehl reivindican as rexións fronteirizas, as especies intermedias e os seres en proceso de transformación e cambio. A súa fotografía traballa na distancia media entre o contemporáneo e o clásico, a realidade e a ficción, o vivo e o morto. E xusto a clave da súa obra áchase en que uno nunca chega a resolver o conflito desas dicotomías. Quereriamos saber máis; achar algunha greta que permitise escapar dun espazo ao mesmo tempo asfixiante e sedutor. 
 
Victoria Diehl comezou a súa carreira en 2003, sendo considerada e citada nos seus inicios entre os mellores 100 Fotógrafos Españois.  No ano 2014 realiza a portada do anuario cultural de “The New York Times”,  no que aparece representada baixo un enfoque clásico a soada actriz e guionista Lena Dunham. Os seus traballos “Vida y muerte de las estatuas”, “El cuerpo vulnerable” e “En las moradas del castillo interior” foron expostos tanto a título individual como colectivo nos centros Cervantes, en feiras e festivais como ARCO Madrid, Photoespaña, Arte Lisboa, Estampa  ou en museos como o Museo de arte Thyssen-Bornemisza, MNAC ou o Wellcome Trust de Londres.  Na súa traxectoria destacan especialmente a bolsa da Academia de España en Roma en 2006 así como o 1º Premio no “IV Premio de Fotografía Aena”. Ademais a súa obra forma parte de importantes coleccións públicas e privadas como Artium, Injuve, CGAC, MAC, Caja Madrid, a Academia de España en Roma, entre moitas outras. 
 
 
 
 
 
Victoria Diehl  (A CORUÑA, 1978) 
 
Exposicións individuais:
 
2013
–“EN LAS MORADAS DEL CASTILLO INTERIOR”. MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEO GAS NATURAL UNIÓN FENOSA. A CORUÑA
2011
–“O CORPO”. DOMUS, MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES. A CORUÑA
2010
–“EL CUERPO VULNERABLE”. GALERÍA CERO. MADRID
2009
–“EL CUERPO VULNERABLE”. LABORATORIO DE ARTE JOVEN (LAB) (MURCIA) Y PALACIO DE GUEVARA, LORCA (MURCIA)
–“CARMENCITA. 4 DICIEMBRE 1938”. PROYECTO DE SUSANA CENDÁN & VICTORIA DIEHL. CENTRO TORRENTE BALLESTER. FERROL (A CORUÑA)
2008
–“VICTORIA DIEHL”. ESCUELA DE ARTE DE MÉRIDA. MÉRIDA (BADAJOZ)
–“FRÍAS, FRÁGILES, DURMIENTES”. PHOTOGALICIA2008. FUNDACIÓN CAIXAGALICIA. VIGO
2007
–“LEBEN UND TOD DER STATUEN”. INSTITUTO CERVANTES DE VIENA. VIENA (AUSTRIA)
–“DALLA CARNE A LA PIETRA”. INSTITUTO CERVANTES DE MILÁN. MILÁN (ITALIA)
–“EL CUERPO VULNERABLE”. GALERÍA BACELOS. VIGO (PONTEVEDRA)
2006
–“DALLA CARNE A LA PIETRA”. INSTITUTO CERVANTES DE ROMA. ROMA (ITALIA)
–“EL TIEMPO, GRAN ESCULTOR” (CON MARIBEL DOMENECH). ESPACIO DE ARTE CONTEMPORÁNEO LA BARBERA. VILLAJOYOSA (ALICANTE)
2003
–OUTONO FOTOGRÁFICO. FUNDACIÓN CAIXAGALICIA. ORENSE
–1ª BECA DE CREACIÓN FOTOGRÁFICA DEL AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (CON OLALLA GARCÍA). MUSEO DO POBO GALEGO. SANTIAGO DE COMPOSTELA
 
Exposicións colectivas:
 
2016
-ART MADRID. STAND MORET ART. MADRID
2015
–LA TRAMPA EN LA SONRISA”. ARTIUM, MUSEO VASCO DE ARTE CONTEMPORÁNEO. VITORIA
-“EVOLUCIÓN. COLECCIÓN AENA DE ARTE CONTEMPORÁNEO”. CENTRO DEL CARMEN. VALENCIA
–“LIMEN. EN EL UMBRAL”. PROGRAMA PARALELO FERIA ART MADRID. ONE SHOT RECOLETOS 04
–“CUERPO Y PODER”. EMBAJADA DE LA REPÚBLICA FEDERAL ALEMANA EN MADRID. PASAJE FUENCARRAL
–“COMO NA CASA. RELATOS CREATIVOS SOBRE O FOGAR EXPANDIDO”. RED MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO. PAZO DE TOR. MONFORTE DE LEMOS
–“EN CUERPO Y ALMA. MUJERES ARTISTAS DE LOS SIGLOS XX Y XXI”. SALA KUBO. FUNDACIÓN KUTXA. SAN SEBASTIÁN
2014
–“SKIN TO SKIN”. GEWERBEMUSEUM WINTERTHUR. SUIZA
–“TESORO PÚBLICO”. ARTIUM, MUSEO VASCO DE ARTE CONTEMPORÁNEO. VITORIA
–“LA IMAGEN ELEGIDA”. CENTRO NACIONAL DE FOTOGRAFÍA MANUEL ROTELLA. TORRELAVEGA (CANTABRIA)
–“HISTORIAS DE LA HISTORIA”. FUNDACIÓN BARRIÉ. A CORUÑA
–“THE NEW YORK TIMES MAGAZINE PHOTOGRAPHS”. APERTURE FOUNDATION. NUEVA YORK
–“REPRODUCTIBILITAT 1.2”. ES BALUARD. PALMA DE MALLORCA
–“THE NEW YORK TIMES MAGAZINE PHOTOGRAPHS”. THE HUNTER MUSEUM OF AMERICAN ART. CHATTANOOGA, TENNESSEE (ESTADOS UNIDOS)
2013
–“HISTORIAS DE LA HISTORIA”. FUNDACIÓN BARRIÉ. VIGO
–“LOS AÑOS CIRCULARES. NUEVAS TENDENCIAS DE LA FIGURACIÓN EN GALICIA, 1994-2013”. FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA. A CORUÑA Y ORENSE
–“ELAS FAN TECH”. NORMAL, ESPACIO DE INTERVENCIÓN CULTURAL DE LA UNIVERSIDAD DE A CORUÑA
–“CASA Y JARDÍN. TERRITORIOS DE IDENTIDAD EN LA COLECCIÓN NORTE”. BIBLIOTECA CENTRAL DE CANTABRIA. SANTANDER
2012
–“73X73X73. A IRMÁ DO SONO”. IGLESIA DE LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO. SANTIAGO DE COMPOSTELA
–“COORDENADAS NA ARTE GALEGA CONTEMPORÁNEA”. CENTRO SOCIAL DE NOVACAIXAGALICIA. VIGO
–“AIR_PORT_ART”. COLECCIÓN FUNDACIÓN AENA. LAS CIGARRERAS. ALICANTE
–“AIR_PORT_PHOTO”. PHOTOESPAÑA 2012. REAL JARDÍN BOTÁNICO DE MADRID
–“ELLAS. CREADORAS DE LOS SIGLOS XX Y XXI”, RED ITINER DE LA COMUNIDAD DE MADRID
2011
–“LA TRAVESÍA DE UNA COLECCIÓN. LOS BRAGALES, ARTE CONTEMPORÁNEO”. CENTRO DE ARTE ALCOBENDAS (MADRID)
–“EL DESNUDO EN EL ARTE”. FUNDACIÓN BANCAJA CASTELLÓN
–“DESNUDANDO A EVA. CREADORAS DEL SIGLO XX-XXI”. INSTITUTOS CERVANTES DE BERLÍN, VARSOVIA Y CRACOVIA
–“AIR_PORT_ART”. CENTRO DE ARTE COMPLUTENSE. MADRID
–“EL ARTE DEL DESNUDO”. CEART FUENLABRADA. FUENLABRADA (MADRID)
–“SUEÑOS Y SOMBRAS. CREADORAS DE LOS SIGLOS XX Y XXI”. CENTRO CULTURAL GALILEO. MADRID
–“ELLAS. CREADORAS DE LOS SIGLOS XX Y XXI”. FUNDACIÓN CAJA VITAL KUTXA. VITORIA
–“DESNUDANDO A EVA. CREADORAS DEL SIGLO XX-XXI”. MUZEUL NAŢIONAL DE ARTĂ CONTEMPORANĂ (MNAC). BUCAREST (RUMANÍA)
–“CARAS Y MÁSCARAS. IDENTIDAD PRIMITIVA Y CONTEMPORÁNEA”. GALERÍA MICHEL SOSKINE”. MADRID
2010
–ESPACIO ATLÁNTICO 2010. GALERÍA BACELOS. VIGO
–“ESTANCIAS, RESIDENCIAS, PRESENCIAS”. TEA, TENERIFE ESPACIO DE LAS ARTES
–“DE PICTURA. EN DEFENSA DE LA BELLEZA”. EMAT, ESPAI METROPOLITÀ D’ART DE TORRENT. TORRENT (VALENCIA)
–SEOUL PHOTO 2010. ESPAÑA PAÍS INVITADO. SELECCIÓN DE 10 FOTÓGRAFOS ESPAÑOLES. SEÚL (COREA DEL SUR)
–FORO SUR’10. GALERÍA MARÍA LLANOS. CÁCERES
–MADRID FOTO 2010. GALERÍA MARÍA LLANOS. MADRID
–“DESNUDANDO A EVA. CREADORAS DEL SIGLO XX-XXI”. INTITUTOS CERVANTES DE BELGRADO (SERBIA) Y PRAGA (REPÚBLICA CHECA)
–IV PREMIO INTERNACIONAL BIENAL DE ARTES PLÁSTICAS FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE. A CORUÑA
–“SKIN”. WELLCOME TRUST COLLECTION. LONDRES
–“BASADO EN HECHOS REALES”. ARTIUM, MUSEO VASCO DE ARTE CONTEMPORÁNEO. VITORIA
2009
–“REXISTROS ABERTOS. MATERIAS, CONTEXTOS E NARRATIVAS NA ARTE GALEGA ACTUAL”. MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
–“ESPACIO COLECCIÓN CAIXANOVA”. CENTRO SOCIAL CAIXANOVA. VIGO.
–KAUNAS PHOTO 2009. KAUNAS (LITUANIA)
2008
–ARCO’08. GALERÍA BACELOS. MADRID
–“ATEMPORALIDAD”. COLECCIÓN PECAR. MUSEO DE BELLAS ARTES DE SANTANDER
–FORO SUR’08. GALERÍA MARÍA LLANOS. CÁCERES
–HOT ART FAIR’08. GALERÍA BACELOS. BASILEA (SUIZA)
–“UNHA MAREA DE AMOR”. FUNDACIÓN CAIXAGALICIA. A CORUÑA
–“MARXES E MAPAS. A CREACIÓN DE XÉNERO EN GALIZA”. AUDITORIO DE GALICIA. SANTIAGO DE COMPOSTELA
–ARTE LISBOA’08. GALERÍA BACELOS Y GALERÍA MARÍA LLANOS. LISBOA (PORTUGAL)
–CREACIÓN INJUVE 2008. CIRCULO DE BELLAS ARTES (MADRID), SALA ALBÉITAR (UNIVERSIDAD DE LEÓN), CENTROS CULTURALES DE ESPAÑA EN MEXICO Y GUATEMALA
–ART SALAMANCA’08. GALERÍA BACELOS Y GALERÍA MARÍA LLANOS. SALAMANCA
–“ARTISTAS DE LA GALERÍA”. GALERÍA MARÍA LLANOS. CÁCERES
2007
–ARCO’07. GALERÍA BACELOS. MADRID
–FORO SUR’07. GALERÍA MARÍA LLANOS. CÁCERES
–DFOTO’07. GALERÍA BACELOS. SAN SEBASTIÁN
–PHOTO-LONDON’07. GALERÍA BACELOS. LONDRES (REINO UNIDO)
–ARTESANTANDER’07. GALERÍA MARÍA LLANOS. SANTANDER
–“OBJETO DE RÉPLICA. LA COLECCIÓN VII”. ARTIUM, MUSEO VASCO DE ARTE CONTEMPORÁNEO. VITORIA
–“AFINIDADES SELECTIVAS”. UNIVERSIDAD DE VIGO – AYUNTAMIENTO DE VIGO. CASA DA CULTURA GALEGA. VIGO (PONTEVEDRA)
–“ROMA IDA Y VUELTA”. AECI – ACADEMIA DE ESPAÑA EN ROMA. TEATRO CIRCO PRICE. MADRID
–“25 OUTONOS”. OUTONO FOTOGRÁFICO. CASA DA XUVENTUDE. ORENSE
–ARTE LISBOA’07. GALERÍA MARIA LLANOS. LISBOA (PORTUGAL)
–ART SALAMANCA’07. GALERÍA MARÍA LLANOS. SALAMANCA
2006
–“CATARSIS. RITUALES DE PURIFICACIÓN”. ARTIUM, MUSEO VASCO DE ARTE CONTEMPORÁNEO. VITORIA
–“FLESH II”. GALERÍA CLAVE. MURCIA
–“ACADEMIA’06”. ACADEMIA DE ESPAÑA EN ROMA. ROMA (ITALIA)
–“URBAN/SUBURBAN”. FOTOGRAFIA-FESTIVAL INTERNAZIONALE DI ROMA. ROMA (ITALIA)
–DIVA ART FAIR’06. GALERÍA MARÍA LLANOS. NUEVA YORK (ESTADOS UNIDOS)
–“ESPERANDO 1000 PALABRAS”. CASA GALEGA DA CULTURA. VIGO (PONTEVEDRA)
–ARTESANTANDER’06. GALERÍA MARÍA LLANOS. SANTANDER
–“ICONOS”. OTOÑO FOTOGRÁFICO. GALERÍA SARGADELOS. O BARCO (ORENSE)
–ARTE LISBOA’06. GALERÍA MARÍA LLANOS. LISBOA (PORTUGAL)
–ART SALAMANCA’06. GALERÍA MARÍA LLANOS. SALAMANCA
–ESTAMPA’06. GALERÍA C5 COLECCIÓN. MADRID
–VALENCIA ART’06. GALERÍA MARÍA LLANOS. VALENCIA
–FOROSUR’06. GALERÍA MARÍA LLANOS. CÁCERES
2005
–ARCO’05. GALERÍA MARIA LLANOS. MADRID
–“MENSAJES CRUZADOS”. ARTIUM, MUSEO VASCO DE ARTE CONTENPORÁNEO. VITORIA
–GENERACIÓN 2005. CAJA MADRID. MADRID, BARCELONA, VALENCIA, SALAMANCA, SANTANDER
–FOROSUR’05. GALERÍA MARÍA LLANOS. CÁCERES
–“LA NATURALEZA MUERTA EN EL TIEMPO”. PALACIO DE LAS CIGÜEÑAS. CÁCERES
–“TRAS DA PEL”. GALERÍA C5 COLECCIÓN. SANTIAGO DE COMPOSTELA
–ARTESANTANDER’05. GALERÍA MARÍA LLANOS. SANTANDER
–XXIII BIENAL DE ARTE DE VILA NOVA DE CERVEIRA. VILA NOVA DE CERVEIRA (PORTUGAL)
–NUEVOS AUTORES EN LA FOTOGRAFÍA GALLEGA. BARCELONA
–VILAFRANCA CONTEMPORÁNEA DE FOTOGRAFÍA’05. GALERÍA SICART. VILAFRANCA DEL PENEDÉS (BARCELONA)
–ART SALAMANCA’05. GALERÍA MARÍA LLANOS. SALAMANCA
–ESTAMPA’05. GALERÍA C5 COLECCIÓN. MADRID
–ESTAMPA’05. TENTACIONES. MADRID
–ARTE LISBOA’05. GALERÍA MARÍA LLANOS. LISBOA (PORTUGAL)
–IV PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS. SANTIAGO DE COMPOSTELA
–“LA REALIDAD TRANSFORMADA”. AYUNTAMIENTO DE ALCORCÓN. ALCORCÓN (MADRID)
2004
–I CERTAMEN DE PINTURA CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS. MONFORTE DE LEMOS (LUGO)
–VIII MOSTRA UNIÓN FENOSA. MACUF. A CORUÑA
–III CERTAMEN DE ARTES PLÁSTICAS DIPUTACIÓN DE ORENSE. ORENSE
–VI BIENAL DE ARTES PLÁSTICAS CIUDAD DE ALBACETE. ALBACETE
–CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA INJUVE’03. SALA AMADÍS. MADRID
–IV CERTAMEN NACIONAL DE PINTURA PARLAMENTO DE LA RIOJA. LOGROÑO Y BRIONES (LA RIOJA)
–ENCONTROS INTERNACIONALES DE LA IMAGEM. BRAGA (PORTUGAL)
–ARTE LISBOA’04. GALERÍA MARÍA LLANOS. LISBOA (PORTUGAL)
–XIX PREMIO DE PINTURA BMW. MADRID
–VII CERTAMEN DE ARTES PLÁSTICAS SALA EL BROCENSE. CÁCERES
–ESTAMPA’04. GALERÍA C5 COLECCIÓN. MADRID
–XXVI SALÓN DE OUTOÑO DE PINTURA DE PLASENCIA. PLASENCIA (CÁCERES)
–V SALÓN DE OUTONO DE PINTURA DE A CORUÑA. FUNDACIÓN CAIXAGALICIA. A CORUÑA
2003
–XX CERTAMEN DE PINTURA DE CAMBRE. CAMBRE (A CORUÑA)
 
 
Premios:
 
2011
–ADQUISICIÓN. XII PREMIO DE ARTES PLÁSTICAS ISAAC DÍAZ PARDO
–BECA DE CREACIÓN ARTÍSTICA EN EL EXTRANJERO GAS NATURAL FENOSA
2010
–ADQUISICIÓN. IV PREMIO INTERNACIONAL BIENAL DE ARTES PLÁSTICAS FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE
–PRIMEIRO PREMIO. IV PREMIO DE FOTOGRAFÍA AENA
2008
–ACCESIT NA MUESTRA DE ARTES VISUALES CREACIÓN INJUVE 2008.
2006
–BECA DA ACADEMIA DE ESPAÑA EN ROMA. MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES Y COOPERACIÓN
2005
–ADQUISICIÓN EN GENERACION 2005. CAJA MADRID
–BECA TENTACIONES. ESTAMPA’05
–SELECCIÓN. IV AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS.
2004
–PRIMEIRO PREMIO. I CERTAMEN DE PINTURA CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS
–MEDALLA DE HONRA. IV CERTAMEN NACIONAL PARLAMENTO DE LA RIOJA
–ADQUISICIÓN. VII CERTAMEN DE ARTES PLÁSTICAS SALA EL BROCENSE
–FINALISTA. XIX PREMIO DE PINTURA BMW
–FINALISTA. III CERTAMEN DE ARTES PLÁSTICAS DIPUTACIÓN DE ORENSE
–SELECCIÓN. VIII MOSTRA UNIÓN FENOSA
–SELECCIÓN. VI BIENAL DE ARTES PLÁSTICAS CIUDAD DE ALBACETE
–SELECCIÓN. XXVI SALÓN DE OUTOÑO DE PINTURA DE PLASENCIA
–SELECCIÓN. V SALÓN DE OUTOÑO DE PINTURA DE A CORUÑA
2003
–PRIMEIRO PREMIO. XX CERTAMEN DE PINTURA DO CONCELLO DE CAMBRE
–ACCESIT. CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA INJUVE’03
2002
–PRIMEIRA BECA DE CREACIÓN FOTOGRÁFICA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
 
Coleccións:
 
–ACADEMIA DE ESPAÑA EN ROMA. MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES Y COOPERACIÓN
–ARTIUM, MUSEO VASCO DE ARTE CONTEMPORÁNEO
–CONCELLO DE CAMBRE
–CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS
–CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
–CGAC, CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEO
–COLECCIÓN NORTE, GOBIERNO DE CANTABRIA
–COLECCIÓN PRIVADA DE RAFAEL TOUS, METRONOM
–COLECCIÓN PRIVADA LOS BRAGALES
–COLECCIÓN PRIVADA PECAR
–COLECCIÓN PRIVADA MICA
–DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA
–DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE CÁCERES
–FUNDACIÓN AENA
–FUNDACIÓN CAJAMADRID
–FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE
–FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA
–INJUVE, INSTITUTO DE LA JUVENTUD. MINISTERIO DE SANIDAD, ASUNTOS SOCIALES E IGUALDAD
–MAC, MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEO GAS NATURAL UNIÓN FENOSA
–OUTRAS COLECCIONS PRIVADAS NACIONAIS E INTERNACIONAIS
 

xoves 22 setembro 2016

En EXPOSICIÓNS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram