VI Maratón fotográfico Fnac

O sábado 7 de maio de 2016, entre as 11:00 e as 18:00 horas, as tendas Fnac acollerán simultáneamente o VI Maratón Fotográfico Nacional Fnac (excepto Fnac Express de Valencia e Fnac Universidade Europea de Madrid).

 
A inscripción previa, totalmente gratuita, pode realizarse no mostrador de información das tendas Fnac desde o luns 11 de abril de 2016 ata as 11:00 horas do mesmo día do Maratón. Será a partir dese momento cando se desvelará aos participantes a temática do concurso e dispoñerán dunhas horas para realizar a súa fotografía, que deberán entregar ese mesmo día.
 
O xurado, formado por especialistas en fotografía das tendas Fnac, elixirá entre todos os participantes un ganador local na categoría adulto e outro na categoría infantil (ata 12 anos) que conseguirán:
 
-Categoría adulto: Cámara Canon Ixus 180 funda tarxeta memoria
 
-Categoría infantil: Cámara Fujifilm Instax mini 8
 
Entre os ganadores locais, un xurado nacional formado polos especialistas de fotografía de Fnac España, elixirá tres premios nacionais dentro da categoría adulto que recibirán:
 
-Primeiro Premio: Cámara Réflex Canon EOS 70D 18-135mm IS STM PACK / Cámara Híbrida Fujifilm X-T10 Kit dobre óptica 16-50mm 50-230mm / GoPro Hero 4 Black / Mochila Case Logic SLRC226 steel / Tarxeta de memoria Sandisk SD Extreme PROL 32GB / Trípode TNB Panoramic Full Black 135cm / Portátil 2 en 1 ASUS T100HA-FU027T 10,1?? / Smartphone Samsung Galaxy S7 BLK
 
Lote valorado en 4.100.
 
-Segundo Premio: Cámara Réflex Canon EOS 700D 18-135mm IS STM PACK / Cámara Compacta Fujifilm X70 / GoPro Hero 4 Silver / Mochila Case Logic FLXB-102 anthracite / Tarxeta de memoria Sandisk SD Extreme PROL 32GB / Trípode TNB Panoramic Silver 135cm / Tablet Samsung Galaxy TAB A 9,7? Wi-Fi / Smartwatch Samsung Gear S2 Classic R7320Z BLK
 
Lote valorado en 2.700
 
-Terceiro Premio: Cámara Híbrida Canon EOS M10 15-45mm / Cámara Compacta Fujifilm X30 / GoPro Hero 4 Session / Mochila Case Logic - DCB318 anthracite / Tarxeta de memoria Sandisk SD Extreme PROL 32GB / Trípode TNB Instant Shot Full Black 135cm / Smartphone Samsung Galaxy A3 2016 BLK 4.7?4G / Tablet Samsung Galaxy TAB A 7? Wi-Fi
 
Lote valorado en 1.700

luns 18 abril 2016

En CONVOCATORIAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram