Trece estampas da traizón


Fundación Luis Seoane

Ata abril 2018


Trece estampas da traizón. 80 anos da publicación
 é un proxecto expositivo que xira ao redor do álbum de debuxos homónimo de Luis Seoane, unha obra que formou parte das edicións pertencentes á campaña de propaganda no exterior levadas a cabo pola II República durante a Guerra Civil española, formada por trece debuxos do artista galego, 14 coa portada, nos que éste denuncia aos responsables do golpe de Estado de 1936 e pon de manifesto a situación sufrida pola poboación civil por mor do conflicto e a represión posteriores.
 
A exposición indaga nas influencias que o traballo de artistas como George Grosz ou Frans Masereel tiveron en Luis Seoane á hora de elaborar o álbum, contextualizándoo a través dunha exhaustiva selección bibliográfica, documental e plástica na que se amosa a adhesión doutros creadores á causa republicana, como Castelao, Maruja Mallo, Arturo Souto ou Manuel Colmeiro, e que inclue asimesmo unha sección que reune parte da biblioteca persoal de Seoane, cedida para a ocasión pola Real Academia Galega. O proceso de investigación levado a cabo polas comisarias da mostra, María Antonia Pérez Rodríguez e Silvia Longueira Castro complétase con fotografías, carteis e documentos recuperados de publicacións periódicas como La Vanguardia, ABC ou La Voz de Galicia e outras fontes, e desvela aspectos menos coñecidos do momento histórico retratado nos debuxos do álbum, como a firme oposición do pobo galego ao golpe de estado, ocultada sistemáticamente polos fascistas.
 
13 estampas da traizón. 80 anos da publicación incluirá ademais unha peza audiovisual que servirá de apoio á montaxe que acompaña o discurso expositivo, e incluirá un ciclo de conferencias no que diferentes especialistas analizarán os aspectos máis destacados da obra de Luis Seoane e do contexto histórico no que se inserta.

 

venres 27 outubro 2017

En EXPOSICIÓNS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram