Tradición, cambio e innovación Afundación

A Colección de Arte ABANCA é unha referencia obrigada en España, con máis de mil trescentas obras, imprescindible para entender a historia da arte contemporánea no país. A colección reúne unha ampla selección das e dos artistas que, tanto dentro coma fóra de Galicia, definiron a arte do século XX e a súa evolución ata o intre actual. Esa idea é a que nutre a xénese e o percorrido desta mostra, «Tradición, cambio e innovación», que agora presentamos na Sede Afundación da Coruña.
 
Nela inclúese case un cento de obras mestras en que destacan artistas que son puntais na historia da arte universal, coma Dalí, George Braque, Joan Miró, F. Léger ou Julio González, entre outros. Canda eles, tamén as figuras máis relevantes da arte galega desde primeiros do século XX ata a actualidade: Castelao, Souto, Seoane, Díaz Pardo, Leiro, Manuel Vilariño ou Vari Caramés.
Neste colectivo ocupan un lugar fundamental as catro Recolectoras de Francisco Leiro, concibidas polo escultor de Cambados coma unha homenaxe a todas aquelas persoas que traballaron para recuperar a costa galega tras o afundimento do Prestige.

A viaxe pola historia da arte do século XX a través da Colección de Arte ABANCA finaliza con Antonio Murado e Pamen Pereira, artistas de Galicia que traballan fóra das nosas fronteiras, mais que representan indiscutiblemente as novas xeracións.
 
Esta selección de obras mestras dará a oportunidade de coñecer a todo o público que a visite parte deste valioso patrimonio artístico. Con esta mostra queremos contribuír ao desenvolvemento cultural de Galicia e a destacar a vocación de difusión e divulgación da Colección de Arte ABANCA

xoves 05 maio 2016

En EXPOSICIÓNS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram