Segunda convocatoria Proxecto Edición 2016

1_Obxectivo
Copias de autor organiza a edición dun proxecto fotográfico que ten como fin a selección e publicación de dous traballos fotográficos de autor. Un deles está restrinxido a estudantes e o outro é unha convocatoria aberta.
 
2_Autores e autoras
Pode participar calquera persoa sen límite de idade. Non se establece distinción entre profesionais e afeccionados.
Os autores/as teñen que ser galegos ou, caso de non selo, presentar un traballo relacionado con Galicia.
Os traballos, que poden estar finalizados ou non, han de ser inéditos.
 
3_En que consiste?
Na produción destes traballos, que pode ser en formato libro, carpeta ou obxecto, dependendo da forma, tipo de linguaxe, número de imaxes, etc..
O proceso final consta de:
Revisión e edición do traballo presentado.
Revelado e axustes (se fosen necesarios).
Deseño, maquetación, impresión, encadernación e acabado final.
 
Tirada inicial:
No caso de tratarse dun libro comercial o número de exemplares será de entre 50 e 100. O 10 % deles son para o autor.
No caso de ter outro tipo de impresión trataríase de:
2 probas de autor: PA 1/2 para Copias de autor e PA 2/2 para o autor.
1 copia sen valor comercial para presentacións  (HC 1/1). 
O número de tirada estaría limitado a un máximo de 25 exemplares.
Os traballos poranse á venda na librería da páxina web de Copias de autor.
 
4_Xurado
Xabier Fernández (Copias de autor).
Alejandro Novoa (Copias de autor).
Carlos Puga (Copias de autor).
Óscar Molina ( www.oscarmolina.com )
 
5_Presentación de proxectos
Han de presentarse en papel, sen soporte ríxido, nun tamaño preferentemente non superior a A4.
Acompañarase dunha pequena memoria explicativa que non debe exceder dun folio.
No caso de ser un traballo en proceso deberá atoparse nunha fase avanzada de realización e terá que rematarse nos 6 meses seguintes ao fallo do xurado.
Se o traballo está finalizado pode presentarse unha parte ou a totalidade, con posibles maquetas da forma final. Este material terase en conta no momento da valoración definitiva.
Poderase acompañar doutro material dixital.
 
Todo o traballo presentado deberá ir asinado co nome real do autor, unha declaración na que acredita a súa autoría e un documento que certifique o seu estado de estudante, no caso de no presentarse na sección aberta.
Os gastos de envío e recollida ou devolución corren por conta do autor, debendo explicar as condicións de devolución, se así o solicitara.
No caso contrario o traballo destruirase ao cabo dun mes dende o fallo do xurado.
 
6_Proceso de selección dos traballos
Consta de dúas fases.
Na primeira serán os membros de Copias de Autor os que seleccionen un máximo de 10 finalistas que serán os que pasen á fase final. 
Na derradeira incorporarase Óscar Molina, autor de recoñecido prestixio e traxectoria. Nela decidirase o fallo final.
 
7_Nota final
Na terceira  fin de semana de Setembro, o día 17, Copias de autor convoca na súa sede aos autores dos traballos finalistas para reunirse co xurado e presentar persoalmente o seu proxecto.
A presentación persoal dos proxectos é obrigatoria e no seu defecto motivo de exclusión da convocatoria.
O proxecto edición poderá declararse deserto.
A produción, distribución e comercialización dos traballos gañadores farase conxuntamente co autor.

 
 Copiasdeautor

martes 12 xullo 2016

En CONVOCATORIAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram