Raúl Álvarez "Engullido por Poseidón"

Título: Engullido por Poseidón
Artista: Raúl Álvarez
Datas: 26 de maio - 22 de xullo 2016
Inauguración: Xoves, 26 de maio, 20:30.
Lugar: Monty4, c/Montroig 4, 15001, A Coruña.
Horarios da galería: De luns a venres, 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 20:00.
Colabora: Bodegas Nairoa
 
A galería Monty4 inaugura o xoves 26 de maio a exposición Engullido por Poseidón, que recolle a obra máis recente de Raúl Álvarez. A mostra, que continuará na galería ata o 22 de xullo, reúne máis de 20 óleos sobre lenzo a través dos que o artista ofrécenos a súa particular homenaxe ao mar.
 
Segundo Jesús Montero, director de Monty4 "Raúl constrúe un relato apaixonado, describindo a Poseidón con toda a súa potencia e furia, amenazante e bravo: o intangible dos elementos, o ruído do vento perforando cortinas de auga, o bramido do mar batendo na praia, o abandono, a soidade, a meditación ou a entrega. Adora ese elemento inconmensurable ao que se atreve a penetrar con épica valentía, para ofrecerlle logo, talvez derrotado, como gregos e troyanos ofrecían os seus cabalos, os obxectos imprescindibles da súa vida: unha bata de traballo, un tubo de oleo ou un pincel".

Raúl Álvarez tamén reflexiona achega do seu proceso creativo: "Engullido. Esa é a primeira sensación que tiven ao enfrontarme a este proxecto. Sentirme engullido. Superado por momentos ao traballar as obras, non sabendo si sería capaz de acabalas, absorbido por cada cadro, obsesionado por cada pincelada, cada matiz e ton. A intres eufórico por conseguir o resultado que buscaba, a intres esgotado e abatido polos formatos, pola composición? creo que pasei por todos os estados de ánimo existentes. Sentíame como batido por unha ola xigante, revolcado pola marea, devolto á beira e arrastrado de novo ao mar. Poseidón habíame engullido, era o reto. O meu RETO. Miralo de fronte, pausado e enfrontarme a el, entregarlle as miñas ofrendas e a min mesmo en corpo e alma, ofrecerlle a miña veneración. Espero haberlle honrado".
 
Segundo o arquitecto Pedro Taboada de Zúñiga Campos "Raúl Álvarez necesita o mar porque del aprende. Sabe lelo, interpretar as olas como unha partitura, as notas son peixes, rocas e navíos, igual que nas súas pinturas o óleo se amalgama co rumor do vento empuxando a marea. Por el condúcenos, desde a morna seguridade da beira, ao ventre convulso do mar enfurecido, percorrendo o treito do plano curto, a escala pequena e a proximidade, ao gran formato e as vistas panorámicas. Desde o momento en que a vida detense, a paisaxe revélase e envólveo todo; nese preciso instante sucede a catástrofe, as esquirlas de pasado e de futuro se alean, e o presente é eterno. Do mesmo xeito que, estúpidamente ditosos ou aterradoramente devastados, achegámosnos/achegámonos ao mar co ánimo de purificar a alma, as visións que Raúl Álvarez bríndanos, envólvennos, nos mecen e nos purifican."

sabado 21 maio 2016

En EXPOSICIÓNS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram