Produción e xestión de exposicións temporais

As exposicións temporais convertéronse nos últimos anos nunha das principais estratexias de programación dos espazos culturais para dinamizar a súa oferta e atraer a públicos diversos, renovando con cada proxecto a razón para que o visitante regrese.

A súa produción e xestión implican unha serie de procesos que se foron protocolizando de xeito paralelo á profesionalización do sector, xerando unha metodoloxía de traballo. A análise desta praxe é o obxecto das xornadas Concepción e xestión de exposicións temporais.

Os asistentes coñecerán este campo a través da experiencia de directores de proxectos culturais e técnicos de exposicións, pero tamén dos propios artistas e coleccionistas, que transmitirán as súas necesidades, preocupacións e expectativas, imprescindibles para asegurar unha boa relación profesional cos autores.

Desde o reto de formular un discurso expositivo claro ata a produción museográfica da exposición, as xornadas abordarán aspectos como a negociación de préstamos de obra, a xestión dos transportes, o deseño e produción da montaxe ou a planificación dunha campaña de marketing e comunicación que lle dea notoriedade e permita situar á exposición na escena cultural, así como atraer ao público. A incorporación da tecnoloxía, as posibilidades que ofrecen as redes sociais ou o desenvolvemento de aplicacións móbiles completarán esta perspectiva global da produción de exposicións temporais.


Programa

Mércores, 3 de setembro

10-14 horas | A orixe dunha exposición

16-20 horas | A paixón do coleccionista

Xoves, 4 de setembro

10-13 horas | Historia dunha exposición. Auga Doce.

16-20 horas | A obra in situ. Visita guiada cos artistas.

Venres, 5 de setembro

10-14 horas | Artistas nunha mostra

16-19 horas | Máis alá da exposición de arte

Sábado, 6 de setembro

10-14 horas | Estratexia dunha seducción

Gaiás Cidade da Cultura

luns 14 xullo 2014

En CONVOCATORIAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram