Por amor á arte

Baixo o título de Festival de Cortos Por Amor á Arte,  créase unha semana cultural con acceso libre tanto aos participantes, como ao público en xeral.

Cun obxetivo fundamental, a exposición dos novos talentos, servindo como escaparate das obras de arte que actualmente se están realizando.

O Festival  celebrarase do 14 ao 22 de Febreiro do 2014

A duración será de nove días repletos de actos culturais nos que terán cabida diferentes disciplinas:

Pintura
Fotografía
Representacións teatrais
Concertos musicais
Proxeccións das curtas que participarán no concurso

Non existe ningún tipo de interese económico.

O festival  ciméntase sobre colaboracións tanto dos participantes como de empresas de ámbito privado, persoas afíns, institucións públicas e locais que se convertirán en sedes. A única contraprestación será a publicidade que se desprenda da propia participación.

Este ano o lema será: “Porque non só o Padriño ten unha boa segunda parte”

Durante o festival varias galerías exporán contidos relacionados: 

-Atlántica
Baixo o título “Fotograma de Animación de Forma” preséntase a exposición exposta por Óscar Cabana, David Mirás, Miguel Melero, Marta Paz, Edu Albo, Enrique Tenreiro, Xavier Sáez Gómez, Amelia Palacios, Victoriano Fernández, Iria Rodríguez, Vitor Mejuto, Luís Carré, Nuria Pena e Batis Campillo. É, por tanto, unha exposición colectiva de 14 artistas, cun formato común para todas as obras e un tema como fío condutor de todas elas: a fotograma.
Lugar: Sala de arte Atlántica. (Rúa Novoa Santos, 13. Zona  Preto do Forum)

-Monty 4
Baixo este título "Fotograma Baleiros" preséntase a exposición colectiva exposta por Iria Rodríguez, Juan Morandeira, Laura Piñeiro e Rebeca Ponche. O catro artistas propoñen unha serie de esculturas e instalacións relacionadas co mundo do cinema e a comunicación. Tras a súa experiencia como espectadores, agora forman parte do mundo creativo e cinematográfico, onde obxectos imposibles cobran vida, a escenografía invádenos, os fíos da comunicación móstranse.
Lugar: Rúa Montroig. Próxima á rúa Orillamar.

-981
Baixo este título "Fotograma Etiquetaxe", fotogramas que teñen un nome asociado, o nome de Rueiros “”, preséntase a exposición exposta por Raúl Álvarez, Tintica, Ovidiu Batista, Amelia Palacios, Carolina Cruz Guimarey e ERRE.
“Rueiros” denomina a este grupo de artistas emerxentes, irreverentes, independentes... que traballan obras de pequeno formato, con soportes variados, que se atreven a experimentar sen prexuízos.
Lugar: Cale Marqués de Pontejos. Próximo ao mercado de San Agustín

-Arte Imaxe
Baixo este título "Fotograma Crave" preséntase a exposición exposta por Marta Paz, Gosia Trebacz, Vanessa Lodeiro, Elaine Louise Baker e Nuria Pena. Esta exposición presenta unha experiencia vivida en propia persoa por cada unha das artistas dada a súa condición de muller que pode servir para penetrarse, analizar e debater o papel da muller na sociedade.
Lugar: Rúa Ramón e Cajal 5.

-Forum Metropolitano
"Bañista" Francisco Escudeiro. A obra de Francisco Escudeiro mostrarase no hall do Forum Metropolitano, na que reflexiona sobre o mundo que lle rodea, a xente e os actos cotiáns.
Lugar: Rúa Río de Monelos1, Zona  Parque Europa..

venres 31 xaneiro 2014

En NOVAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram