Salvar as pinturas murais de Sela-Arbo

 Esta obra pertencente ao Barroco, de corte popular, datase a partir do ano 1683 como indica unha inscrición que se estende polas paredes laterais, que versa sobre a construcción da Capilla e que foi un encargo do abade do momento Baltasar de Puga e Novoa: “ESTA CAPILLA CORO SACRISTIA ICO A SU COTA D. ALTHASAR DE PUGA I NOBOA ABD ANO 1683”

Actualmente non hai estudios profundos sobre as pinturas, polo que non podemos afirmar exactamente cal e a data das pinturas nin o pintor que as levou a cabo.

As pinturas sitúanse na bóveda de cañón situada sobre o presbiterio da igrexa.  Nelas represéntase en 15 escenas o Ciclo da Paixón de Xesucristo (Paixón, Morte e Resurrección) característico do século XVIII e o estilo das pinturas pódese considerar popular.

As distintas escenas distribúense en tres rúas; unha central con tres escenas de tamaño superior ao resto das representacións, sendo unhas das máis importantes a Santa Cea e/ou a Oración no Horto. Aparece aquí tamén o escudo dos Puga e Novoa. Esta heráldica repítese no Pazo ­ Casa Grande de Sela, situado xusto á beira da igrexa.

E dúas laterais que desenvolven as diferentes escenas do Calvario da Paixón de Cristo e Resurrección

Leer máis: http://pinturasmuralesdesela.webnode.es/nosotros/

sabado 05 marzo 2016

En NOVAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram