Obradoiro. Reflexos, luces e sombras

Lugar: Aire Centro de Arte (SANTIAGO DE COMPOSTELA) | Data: os luns | Duración: 25h | Prezo: 60€ mes

O obradoiro Reflexos, luces e sombras, terá lugar en Aire centro de arte, situado en rúa Caldedería 50 de Santiago de Compostela. Serán 25 horas repartidas en sesións de dúas horas, os luns de oito a dez, cun prezo de 60 euros mensuais, suxeito a descontos se eres estudante, parado, autónomo ou xubilado.

Dende a unión de disciplinas que supón o proxecto VideodinamizARTE, empregaremos a ferramenta do audiovisual para abordar o tema dos reflexos, luces e sombras, como elementos presentes tanto no proceso de creación audiovisual como no psicolóxico. Así as proxecións, a sombra e o polo oposto, a luz sirven como metáfora de realidades internas que nos levan a poñer atención no tema das polaridades.

A vida baséase nun sistema de opostos, non coñeceríamos a valentía sen ter coñecido o medo, a felicidad sen a tristeza, ou a luz sen a oscuridade.A medida que medramos, imos identificándonos con cualidades que pertencen a un dos polos, relegando á zona de sombra potencialidades que nos poden facer falla nun determinado momento. Explorar o outro polo, e flexibilizar o percorrido dentro de esa polaridade apuntando cara unha integración é a intención de abordar este tema no noso obradoiro.

Como en todas as nosas propostas, os participantes serán autónomos no proceso de creación do seu propio vídeo, pasando por todas as fases dun proxecto audiovisual. Durante a preproducción buscaremos a idea, a través de dinámicas de creatividade, aprenderemos as posiblidades que a linguaxe audiovisual nos ofrece para contar a nosa historia e veremos referentes de vídeos para coñecer outro xeito de narrar. Durante a rodaxe os participantes serán autónomos e poderán gravar cunha cámara facilitada por VideodinamizARTE e soamentes precisan traer o seu portátil para aprender un programa de edición e así realizar a montaxe do seu vídeo.

Podedes obter máis información na súa páxina web: www.videodinamizarte.com

Tamén a través do contacto da escola: Telf: 981 589 059///634 785 498 /// airecentrodearte@gmail.com.

xoves 30 xaneiro 2014

En CONVOCATORIAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram