Non hai nada peor que a imaxe nítida dun concepto difuso. Axenda sobre fotografía a desfrutar agora en Galicia.

Quizá os fados nestes tempos incertos nos leven a voltar ao recoñecible, que non ten por que ser o real.

A fotografía ten ese plus de veracidade, ainda que se poda manipular e transformar ata a súa disolución como testigo e chegar a conformar un discurso independente e único.

Temos moitas posiblidades de achegarnos ao discurso fotográfico en Galiza agora.

Podemos comezar voltando a vista atrás sobre as crenzas populares e máxicas na "Galicia máxica. Reportaxe dun mundo desaparecido"

Despois podemos sumerxirnos na memoria de Rosalía recreada por Xurxo Lobato,"Airiños Aires" unha exposición de instantáneas que reúne un total de 50 imaxes en branco e negro, en gran formato (100 x 70 cm), acompañadas na súa maioría por fragmentos de poemas de Rosalía.











E logo desta ollada atrás, darnos conta de que os tempos crueis seguen estando aquí na realidade dos reffuxiados que nos ofrece Grabiel Tizón en "Refuxiados sen camiño"

E achegándonos á nostalxia contemporánea, será ben ollar o que ten que decir sobre a memoria, o tempo, a paisaxe e a fotografía, o proxecto expositivo que presenta Joan Morera Arbones en Zona “C”. [sic] que conta a historia dunha refuxiada durante a Guerra Civil en Francia e emigrante nos 50 en Arxentina, pero faino a través dos retratos que Fefu se toma cando volve, como nunha sorte de ritual, aos escenarios do seu pasado. As súas imaxes, retratos da fotográfia amateur na era Kodak, son viciosas repeticións de pose e composición que implican unha construción subxectiva da paisaxe. A instalación mostra este arquivo acompañado dunha entrevista que realiza, case como un xogo, o Joan de 1996, na que Fefu relata como tras o fusilamento do seu pai deciden emigrar. A entrevista funciona como catalizador e preséntase como peza textual xunto ao seu arquivo sonoro; de aí o título, sic erat scriptum, ‘así foi escrito’.

Para rematar, é imprescindible visitar os restos poéticos dunha vida que nos presenta Anna Malagrida no Mac. (In)Visibilidad hace referencia precisamente ao que se percibe -ou non- tras esos límites, e ofrece unha visión a menudo cegada ou impedida que nos leva a situarnos no umbral da dúbida.

Un percorrido pola memoria visual de onte e hoxe que podemos desfrutar agora...porque  "non hai nada peor que a imaxe nítida dun concepto difuso" Ansel Adams.

sabado 16 abril 2016

En NOVAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram