Nin tan perfecta é a ciencia nin tan sublime a arte. Laboratorio de ideas con Antoni Socías

Venres, 1 de abril, de 17:00 a 20:00
Sábado, 2 de abril, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

Tomando como punto de partida a actitude crítica do artista para con todo o relacionado coa arte e a sociedade que a promove de forma recorrente, este laboratorio pretende, máis alá de calquera cuestionamento das actitudes máis acomodaticias do sistema, indagar sobre as evidentes necesidades dun futuro tan incerto coma urxente. Nun ensaio escrito en 1996, Antoni Socias equiparaba, nunha combinación de rigor e ironía, o mundo da arte —a todos os niveis— ao ecosistema do deserto; e para isto instaba a “emprender de maneira imperativa a recuperación espiritual e funcional do deserto que xeramos”.  

DESTINATARIOS: artistas profesionais, estudantes de arte de cursos avanzados, filósofos e científicos con inclinación pola arte e a cultura (físicos, matemáticos, biólogos, psiquiatras...).

PRAZAS: 15

INSCRICIÓN
: As persoas interesadas poden inscribirse enviando unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.es ou chamando ao teléfono 981 546 602. As solicitudes deberán ir acompañadas dunha carta de motivación, un breve currículo e un dossier profesional. Ademais, deberán incluír os seguintes datos: nome completo, enderezo  de correo electrónico e teléfono de contacto.
 Unha vez que lles confirmemos a inscrición, enviarémoslles as indicacións precisas para facer efectiva a matrícula.

MATRÍCULA: 20 €


DIRECCIÓN: Antoni Socías

COORDINACIÓN: Virginia Villar

martes 08 marzo 2016

En CONVOCATORIAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram