Moret Art presenta “África II”, o proxecto expositivo do artista gaditano Daniel Sueiras que aúna escultura, pintura e arquitectura para mostrarnos a esencia do ser humano

Tres anos despois da súa última exposición en Moret Art e baixo o título “África II”,  
Sueiras mostrará a evolución do seu traballo na serie “África”, presentando  un conxunto de obras nas que a pintura vai ligada ao concepto global de xanela cunhas imaxes que rezuman ironía, tenrura e cotidianidad, e cuxos protagonistas son personaxes que dirixen a súa mirada sempre cara ao espectador. 

Nesta serie o artista propón un retrato global sobre a nosa especie, mostrando ao ser humano en situacións e ambientes cotiáns de maneiras que normalmente non se adoita ver retratado co fin de facernos sentir como unha especie animal máis, que do mesmo xeito que o resto vive no seu hábitat...o noso, co paso do tempo, pasou a ser o das cidades.
Mediante a representación dos lugares onde vivimos, dun modo austero e cunha mirada que vai no sentido contrario no que a adoitamos dirixir, posto que agora non miramos a través do cristal senón que nos atopamos a nós mesmos tras el, o autor pretende que nos recoñezamos a nós mesmos como unha especie animal máis que simplemente vive baixo un decorado diferente, como poderían selo formigas nun formigueiro ou abellas nun panal.
Nas obras desta mostra, Sueiras sorprende pola súa madurez técnica, chegando mesmo a conquistar  a terceira dimensión nun espectacular edificio, cunha impresionante riqueza de medios técnicos, pois como el mesmo afirma: “tecnicamente usou de todo nas pezas, desde madeira, metacrilato, metal, yeso dental ata por suposto pintura”. O artista gaditano non entende de xéneros como compartimentos estancos e fusiona dun modo único e sorprendente a pintura, a escultura e a arquitectura, establecendo un diálogo fluído cargado de detalles e matices.  
Daniel Sueiras (Alicante, 1976) comezou a súa andaina profesional en Estados Unidos e conta unha sólida traxectoria da que cabe sinalar certos premios como, a mención de honra no Certame de Pintura Antonio López García ou o primeiro premio no Certame Nacional de Pintura da Universidade de Sevilla. Realizou exposicións individuais e colectivas en espazos destacados de Estados Unidos, Finlandia,  Alemaña e España, e a súa obra está presente nas máis destacadas coleccións estatais e internacionais, así como nos máis prestixiosos centros de arte contemporánea.una nueva exposición de arte contemporáneo que reunirá la obra más reciente del polifacético artista Daniel Sueiras que supone un paso adelante con respecto a su última muestra en la ciudad.
 
A mostra poderase visitar ata o día 17 de febreiro no seguinte horario:
 
L / V:  10:00-14:00 y 17:30-20:30
S: 12:00-14:00 

xoves 15 decembro 2016

En EXPOSICIÓNS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram