Miguel Anxo Prado conversa no Museo de Belas Artes da Coruña

O debuxante achegaralle ao público o seu universo creativo nunha conversa conducida polo xornalista Xesús Fraga, que terá lugar mañá, ás 20:00 horas, como clausura á programación conmemorativa do Día da Ilustración.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria clausura a programación conmemorativa do primeiro Día da Ilustración en Galicia cunha actividade que terá como protagonista a Miguelanxo Prado. O gañador do Premio Nacional de Cómic 2013 falará sobre a súa obra e a situación actual da ilustración mañá, 7 de febreiro, ás 20:00 horas, no Museo de Belas Artes da Coruña. Farao no marco dunha conversa conducida polo xornalista Xesús Fraga, no que o público tamén terá ocasión de interactuar co artista e coñecer de preto o seu universo creativo.

Con esta actividade complétase a programación especial promovida pola Secretaría Xeral de Cultura para conmemorar o Día da Ilustración, que botou a andar o pasado 30 de xaneiro e que se levou a cabo nas bibliotecas nodais das catro provincias galegas, así como tamén na Biblioteca de Galicia.

A seguir coa ilustración galega, podedes visitar a exposición do Colectivo Miñoco moi cerca do museo, no café O Mono Paco.

Amosan bocexos orixinais en tinta preta, todo un gustazo para rematar brindando pola calidade dos nosos ilustradores. 
 

xoves 06 febreiro 2014

En NOVAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram