MIES É + TALLERES EXPERIMENTAIS DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA

 MIES É + TALLERES EXPERIMENTAIS DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA

 HORARIO: de 11 a 13 h
 
 

O CGAC propón un ano máis un ciclo de talleres dedicados á arquitectura contemporánea para público infantil. Os talleres estarán dirixidos polo arquitecto Fermín Blanco e impartidos polo equipo didáctico do Sistema Lupo. O seu obxectivo é proporcionarlles aos nenos e nenas as ferramentas e as claves necesarias para interpretar a arquitectura do noso tempo a través das teorías, os proxectos e os traballos dos arquitectos e arquitectas máis importantes dos últimos tempos. 
 
Durante as sesións aplicarase a didáctica do Sistema Lupo, tanto nos contidos como no material empregado. Lupo está constituído por unha serie de pezas modulares que permiten múltiples posibilidades combinatorias, formas, proporcións, xogos de equilibrio e estratexias de acción. É unha didáctica experimental que fomenta a reflexión e a creatividade individuais e o traballo en equipo a través do xogo e de dinámicas de construción a grande escala. A metodoloxía inclúe unha parte teórica, onde se exporá o pensamento e a obra de cada arquitecto ou arquitecta e, a continuación, abordaranse unha serie de retos construtivos.
Os talleres de arquitectura terán lugar o último fin de semana de cada mes e, ao longo desta edición tratarase o comunitarismo de Wright, o entusiasmo pola infancia de Van Allen, a visión urbana e social de Niemeyer, a experimentación de Buscher na Bauhaus, a continuidade interxeracional da escola do Porto, o espírito libre de Gray, as obsesións xeométricas de Tynn, ou a inspiración orgánica de Aalto e Marsio. Iniciaremos un paseo polo pensamento de homes e mulleres que representan a nosa tradición moderna e contribuíron a sentar as bases da arquitectura actual.

CGAC

luns 06 novembro 2017

En CONVOCATORIAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram