Maria Xesús Díaz

A sua madrugadora vocación artística lévalle a introducirse no debuxo e a pintura sendo moi nova. Cursa estudos na Escola de Artes da súa cidade natal. Os froitos dos seus escenarios desembocan sempre en sentimentos reconfortantes, achegarse á súa pintura é achegarse ao seu interior.

En 1987 expón por primeira vez en Madrid, na I Mostra de Unión Fenosa de Arte Contemporánea e, a continuación, no Concello da Coruña. 


Logo desta primeira toma de contacto co espectador alleo, a formación e a procura dun estilo propio ocuparán o tempo da artista durante anos. Na década dos noventa encádrase a primeira etapa distintiva da súa obra pictórica. Estilo de tendencias naïf e cores vivas: laranxas, avermellados e amarelos. Durante estes anos expón no Hércules Coruñés, no Casino, na Asociación de Artistas e na Sala Goya da Coruña, así como no Liceo de Betanzos.
 

Seguidamente a súa obra comeza a percorrer o resto da xeografía galega. O estilo naïf vai deixando paso a unha nova paisaxe realista con tintes impresionistas, herdados da etapa anterior. Procura de novas tonalidades e cores: azuis e verdes. Alargamiento do trazo e utilización de novas técnicas. Expón no Centro Cultural de Sada, na Xunta de Galicia en Lugo, na Casa da Cultura de Quiroga e en distintos puntos de Pontevedra.
 

Entrando o século XXI, traspasa as fronteiras de Galicia e do territorio nacional, a artista séntese máis plena. A cor prevalece máis que nunca sobre o debuxo, e o impresionismo faise cada vez máis patente. Uso completo da paleta. Os escenarios urbanos toman forza, case sempre imaxinados e baixo unha interpretación moi persoal. A espátula convértese en instrumento esencial. A súa obra visita numerosas cidades peninsulares como Córdoba, Marbella, Madrid, Barcelona, Ferrol, Cidade Real, Monzón, Zaragoza, Buitrago do Lozoya, A Rioja, Girona, Vigo, Plasencia, A Coruña, Baiona, Santiago, Valencia e Porto do Son. e europeas como Paris e Oporto.

Participa en diversas Feiras de Arte: FAIN (Madrid 2005-2006), ARTERIA (Monzón 2007), PURA ARTE (Vigo 2007), ARTZ (Zaragoza 2007), ARGA (A Coruña, Baiona 2008-2009-2010), AEdAL (Valencia 2011).

Os encontros de Arte tamén pasan a formar parte da súa vida artística. Participa no I Ruta da Arte en Castelló de Empuries (Girona), II Encontro coa pintura e a poesía (Concello de Culleredo), III Encontro coa Arte lembrando a Branco Amor, IV Encontro coa Arte lembrando a Celso Emilio Ferreiro, V Encontro coa Arte lembrando a Uxío Novoneira, VI Encontro coa Arte lembrando a Luís Seoane e VII Encontro coa Arte lembrando a Castelao organizados polo Concello de Brión (A Coruña).
 

Este tipo de actividades vanse facendo oco na súa vida artística. Actividades formadoras e enriquecedoras que lle levan a establecer un contacto pleno coa actualidade artística do país. Coñecer as obras, pero coñecer tamén aos artistas.

As súas pinturas son escolleitas para decorar os estudos de grabación da serie Matalobos, emitida pola televisión de Galicia, ilustra libros e revistas. A súa obra está repartida en distintas coleccións públicas e privadas.

Actualmente segue traballando no seu estudo da Coruña para novos proxectos, facendo crecer a súa carreira artística e persoal.

COMENTARIOS Á SÚA OBRA

A autora sorprende cunhas pinturas de beleza perturbadora e inquietante, ás que o persoal tratamento da cor presta unha dimensión nova e sugerente, chea de matices e infinitas lecturas. Sonia Garrido, escritora e xornalista

As paisaxes en contrapunto coas manchas abstractas déixannos unha linguaxe pictórica clara e pura. Sentir a diferenza do mundo real é unha das claves para comprender a pintura de María Xesús.
Magno Fernandes dúas Reis, historiador. 

O seu debuxo calculado e libre, produce unha pintura chea de harmonía, que aposta por unha realidade inventada pero sugerente, na que non hai cabida para a negatividad, sendo estética no sutil sensual, para logo volverse plenamente intimista.  Joan Lluís Montané, Asociación Internacional de críticos de Arte

Sentindo e transmitindo, Mª Xesús chegou a unha etapa de madurez na cal, dános permiso para achegarnos ao seu interior. A pintura é o seu centro de equilibrio, aquilo que todos necesitamos para manternos en pé. Necesidade de pintar e obrigación de expresar, para todo aquel que estea disposto a mirar e a sentir. Patricia Nogueira, realizadora.

A suavidad do trazo, a súa calidade, a utilización tonal, o xogo de sombras ao que se une o “tenue” acompaña o carácter sensual, o posicionamiento sugerente do captado como fundamental baza representativa e xeito de extrapolar non só situacións ou momentos senón sentimentos na máis pura significación da palabra. Francisco Arroyo, da Asociación de críticos de Arte.


Galería María Xesús Díaz

http://mariaxesusdiaz.com/

 

venres 18 xaneiro 2013

En ARTISTAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram