Luis Caruncho DEP

 

Luís Caruncho, recoñecido pintor coruñés adscrito ao constructivismo da vanguardia de 1950, faleceu hoxe en Madrid aos 87 anos. Nacido na rúa Fontán, da Coruña, en 1929, Caruncho dirixiu o Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa desde a súa apertura en 1995 ata 2005, desde o que impulsou a Mostra de Arte Unión Fenosa, e foi un dos referentes da creación artística na Coruña.
 
Fiel á poética constructivista durante máis de cincuenta anos, explicou no seu día que a xeometría non era o fin nas súas obras: "Hai xeómetras máis rigorosos que eu, que son decididamente máis fríos, nas miñas obras palpita máis a vida".
 
"A pintura de Luís Caruncho -escribiu Camilo José Cela- aliméntase de ciencia e maxia a partes iguais, ou sexa de tradición e un lume pícaro, devastador e recentemente estreado. A Giotto, cando adiviñou a perspectiva, non lle bailou a alma con maior esmero, nin con piruetas máis descomunais e perigosas", precisou o Nobel.
 
Nos seus cadros pódese descubrir unha innata paixón polo xogo coas formas geométricas -liñas, círculos, triángulos ou cadrados-, que se alían coa cor en variacións interminables, nun movemento armonioso e musical cara ao "cadro infinito", símbolo do home, como ser que ansía o infinito.
 
"O cadro infinito é un dos grandes retos para un artista abstracto, resultado dunha procura, aínda que moitas veces o que se fai é atopar", explicaba o pintor.
 
Tamén ansiaba o "cadro que case non tivese signos", aínda que isto último, dicía, xa o fixeron os suprematistas do ruso Malevich (1878-1935), que sorprendeu co seu Cadrado Negro e o seu Círculo Negro (1915).
O negro foi tamén un das súas cores, xunto ao branco e o azul, nos seus grandes cadros monocromos. E noutros tamén o vermello máis vermello, o amarelo puro, o azul, o branco e o negro; ou só brancos e negros.
 
Pintor, escultor e grabador, escenógrafo, galerista -fundou en Madrid a Sala Kandinsky-, crítico de arte e autor de varios estudos, foi tamén xestor cultural (dirixiu o Centro Conde Duque de Madrid e o Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa da Coruña).
 
En Madrid, onde se trasladou coa súa familia en 1940, estudou Arquitectura Técnica, traballou nunha empresa constructora en proxectos como o da Fundación Camilo José Cela e o Goberno croata concedeulle o título honorario de Reconstructor de Dubrovnik.
 
Compañeiro dos artistas da xeración do 50, como Rafael Canogar ou Manuel Rivera, a principios de 1970 formou parte do Grupo de Constructivistas Españois e en 1987 fundou o grupo Rodo Ibérico cos pintores José Cabaleiro e Álvaro Delgado.
 
Ao constructivismo chegou desde o neocubismo dos seus primeiros anos, logo dunha formación heterodoxa na Escola de Artes e Oficios, o Museo de Reproducións Artísticas, as clases do Círculo de Belas Artes e o taller do pintor Daniel Vázquez Díaz, ao que consideraba o seu verdadeiro mestre.
 
Completou a súa formación viaxando por distintos países europeos e americanos e cursó Historia da Arte na Universidade de Aix-en-Provence (Francia).
 
Desde principios dos anos 70 expuxo de forma regular, primeiro en mostras colectivas da nova vanguardia española e na Bienales de Valparaiso, Alejandría e Sao Paulo.
 
A súa obra está representada en máis de trinta museos e ten a Medalla do Círculo de Belas Artes, a Medalla Castelao, que lle concedeu a Xunta de Galicia e a Medalla de Artes Plásticas da Comunidade de Madrid.

sabado 08 outubro 2016

En NOVAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram