José Luis García

José Luís García Vázquez, nace en Mugardos, A Coruña, en 1960. En 1963 a familia trasládase a Maniños, lugar no que desde moi nova mostra unha habilidade natural para o debuxo e a pintura, realizando acuarelas e óleos das paisaxes da comarca. Pola influencia da profesión do pai, realiza algunhas esculturas e introdúcese na técnica da taracea. 

Profesionalmente vese obrigado a encauzarse por outro camiño, o que lle impide dedicarse plenamente á pintura, pero sen abandonala.
En 1993 presenta unha colección de óleos na Sala de Exposicións do Concello de Pontedeume, lugar no que nese momento reside, o que lle anima a seguir presentando as súas obras ao público dun xeito máis constante.
Os anos 94 ao 98 pásaos entre Cádiz e Madrid. A súa pintura vólvese máis figurativa, o ser humano convértese en eixe, referencia e punto de partida de todo o que lle rodea.
Descobre o valor de escenas que se repiten no lento discorrer diario. Sabe observar para logo confirmar coa seguridade dunhas liñas a mensaxe que iso encerra.
En 1998 fixa a súa residencia na Coruña, momento no que aumenta a súa participación no mundo artístico, formando parte de múltiples mostras colectivas e individuais, pasando a ser esta a súa principal actividade.
Na actualidade o seu traballo retorna á madeira como soporte, na que intervén sacándolle partido á súa textura, para logo pintala e lograr un equilibrado diálogo entre estes dous materiais.

Galería José Luis García


sabado 01 decembro 2012

En ARTISTAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram