Iván Prieto Icarus
Este xoves, día 13 de outubro, ás 20.00 horas, inaugúrase na Sala de Exposicións do Concello da Coruña, a mostra “Icarus”, do escultor ourensán Iván Prieto.
Ao longo da historia da arte foron moitos os artistas que se viron seducidos pola historia de Dédalo o artesán e o seu fillo Ícaro, sendo un dos mitos máis inspiradores. Un tema existencialmente interesante e arriscado, arriscado como o mesmo voo de Ícaro. Neste caso, Iván Prieto trata de abordar tanto a súa historia biográfica como a lenda achegando a esta nova visión de Ícaro unha gran carga de verdade e forza expresiva. A mostra constitúe por tanto unha sorte de autorretrato do propio artista, no que el asume o papel do fillo mítico de Dédalo, tentando atopar para el e a súa creación un novo e mellor espazo.

“Icarus” é a homenaxe do escultor á fraxilidade, unha parábola do exceso e a carencia, non só do aire, senón tamén todo o que conecta o corpo humano coa atmosfera que lle rodea. As esculturas de Iván inclúen tanto alegorías de diversas discapacidades físicas (como a xordeira ou cegueira) como representacións de imperfeccións mentais (por exemplo, hipersensibilidad ou imaxinación mórbida).
Cada un dos personaxes retratados ten un orixinal na vida real, que - do mesmo xeito que o propio artista - parece loitar en pos de cumprir os seus soños conscientemente lidando coa enfermidade. As súas poses lembran ás esculturas dun minuto de Erwin Wurm, que captura as figuras de xente momentaneamente conxelada e as súas relacións directas e enfrontamentos coa realidade. Todos eles posúen unha gran carga teatral e extravagante, reforzada polas vivas cores e calidades pictóricas dos seus corpos. Son seres surrealistas con corpos deformados e membros prolongados por próteses desmedidas, pero que a pesar de que poidan resultar feos, absurdos, e mesmo grotescos, conmoven e espertan tenrura e curiosidade a quen os contempla. O grotesco, neste caso, parece converterse en fermoso e belo.
Iván Prieto (O Barco de Valdeorras, 1978) formouse na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid. Na súa traxectoria destacan o Premio Joven de la Universidad Complutense de Madrid así como o 1º Premio Concurso Galiza Crea. As súas pezas foron expostas en destacados espazos de ámbito internacional, entre os que podemos sinalar o Colexio de España en París, a Embaixada española en Berlín, o Sophie´s Palace de Utrecht (Holanda) ou o Museum Kloster Asbach de Passau (Alemaña). Tamén participou en diferentes feiras como Art Lisboa, Estampa, ArteSantander e Art Madrid, entre outras. Ademais a súa obra forma parte de destacadas coleccións de institucións como o Colexio de España en París, a Deputación de Pontevedra ou a Casa de Galicia en Madrid. Na Coruña Iván Prieto traballa coa galería de arte contemporáneo More Art, na cal desenvolveu diferentes proxectos.
A mostra poderase visitar ata o 27 de novembro no seguinte horario:
L / D : 12:00-14:00 y 18:00-21:00
mércores 12 outubro 2016
En EXPOSICIÓNS | | Permalink
os comentarios foron deshabilitados.
-
Galerías
Algunhas das miñas fotos- Street Art
- Gemma Marqués
- José Luis García
- Matías Marqués
- varios
- Mané Boán
- Salanova
- Tesouro
- Roxel
- Enrique Lista
- Ramón Casanova
- Fran Lareo
- Pirucha
- Daniel Alonso
- Xesús Méndez Padín
- Ritta Bremer
- Alejos
- María Xesús Díaz
- Mercedes Molares
- Maica Alonso
- Mónica Vila
- Santi Collazo
- Ligazóns
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS