Inspiración en común. Conversa entre artistas

Inspiración en común. Conversación entre artistas

Participan: Doures Tembrás, Lara Pintos e Félix Arias
Data: Xoves, 12 de maio, 20:30.

Lugar: Monty4, c/Montroig 4, 15001, A Coruña.

 
Dentro das actividades programadas para a exposición de Lara Pintos, Memoria por habitar, a galería Monty4 organiza unha charla na que Lara como pintora, Dores Tembrás como poeta e Félix Arias como músico reflexionarán sobre o proceso creativo e falarannos das similitudes, afinidades e conexións entre as súas creacións. A temática da charla centrarase, concretamente en tres puntos:
 
1- Procesos artísticos: por que creamos?. A arte como oficio.
2- O cotián como xerme do estético nas súas creacións.
3- A acción de habitar vinculada á identidade.
A exposición Memoria por habitar continúa en Monty4 ata o 20 de maio. 

luns 09 maio 2016

En CONVOCATORIAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram