Granell e as mulleres

A exposición Eugenio Granell. O encanto de todas as mulleres comisariada por Natalia Fernández Segarra poderase visitar nas salas 2 e 3 da segunda planta da Fundación Eugenio Granell ate finais de ano. 

A exposición indaga na imaxe feminina e o seu desenvolvemento no discurso granelliano. Dende o principio da súa creación artística en 1941, Granell reflicte unha admiración absoluta pola muller e un profundo entendemento do seu papel tanto como muller concreta como muller histórica e mitolóxica. 
 
O título da mostra fai referencia á obra de Granell El encanto de todas las mujeres, un gouache sobre cartón realizado en 1973. A mostra basease na exposición de Lucía García de Carpi, "A imaxe da muller na obra de Eugenio Granell" exposta na Fundación Eugenio Granell no ano 2004 e na que a estudosa de Granell salienta que na obra do artista "o tratamento da muller (é) altamente positivo". E, en efecto, así é.

Amparo Segarra. Diario fragmentado, comisariada por Eduardo Valiña, ten como obxectivo facer un percorrido pola obra de Amparo Segarra, compañeira de Eugenio Granell, musa, actriz e artista creadora. 
O concepto da exposición susténtase nalgúns dos aspectos máis resaltados de Amparo Segarra como artista e como muller, exemplificando a súa traxectoria artística, reconstruíndose a se mesma a través das súas colaxes.

A exposición Colección Surrealista, comisariada por Natalia Fernández Segarra, componse dunha selección de obras da colección do mesmo nome creada por Granell ao longo da súa vida. 
 
Entre os artistas que conforman a mostra destacamos a Picasso, Marcel Duchamp, Max Ernst, Man Ray, Joan Miró, Roberto Matta, Wifredo Lam, Francis Picabia, Susana Wald, Maruja Mallo, Anne Ethuin, Cruceiro Seixas, Toyen, Penelope Rosemont, Karl-Otto Gotz, Joana Domaska ou Yo Yoshitomé, entre outros.

Fundación Granell

martes 22 marzo 2016

En EXPOSICIÓNS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram