Galizart

 QUE É GALIZART? Unha website especializada en arte galega, aberta, libre e creativa.

POR QUE GALIZART? A idea xurde das gañas de crear un sitio aberto sen dependencias empresariais, económicas ou publicitarias. Feito dende o amor á arte e a cultura e procurando unha visión dende o local ao global. 

QUE QUEREMOS?  Falar de arte libremente, do que queremos, do que opinamos, do que nos gustaría que se faga e do que non. Non queremos ser un foro técnico, senón construír un punto de encontro estructurado en diferentes niveis de información que facilite unha accesibilidade independente á posesión de coñecementos especializados. Unir intereses e sumar beneficios son as premisas esenciais deste proxecto, de aí a importancia dunha comunicación interactiva. Aspiramos a actuar non só como emisores senón tamén como receptores, entendendo a participación como un medio de activar os contidos e manter o interese e a renovación constante.

QUE OFRECEMOS? Información actualizada sobre todo o que se fai en arte na Galiza. Debate e comentario libre sobre a nosa realidade e Interconexión de intereses diversos: artistas, fundacións, asociacións, público, museos...

CÓMO PARTICIPAR? Se fas arte, envía a tua obra. Se che gusta a arte, envía os teus comentarios, críticas, novas, anuncios... A arte galega TEN MOITO QUE DECIR: !!! QUE NOS ESCOITEN !!!

Contacta con GALIZART (galizart@galicia.com)


 

sabado 23 novembro 2013

En GALIZART | 1 comentario | Permalink




Comentarios

presentome e presento a miña obra. Son escultor e teño o meu taller en Oleiros - A Coruña. e moitas ganas de expoñer.
Un saúdo

enviado por santi collazo o 16 febreiro 2015 ás 07:45 PM CET
Sitio web:: http://https://santicollazo.wordpress.com/ #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram