Furancho de arte






Galeria, sala de exposicións, centro de arte, espazo cultural?..non...e todo iso e algo máis,máis noso: un furancho de arte.

Ata o de agora coñeciamos os furanchos como eses espazos de convivencia humana que se habilitaban na tempada de vendima para ofrecer o viño caseiro. Casas familiares abertas a todo aquel que quixera degustar os produtos típicos da zona e compartir unha esperiencia gastronómico cultural esencialmente galega.

Seguindo ese espírito nace o FAC, só que máis que racións de tortilla ou zorza degustaránse propostas creativas do máis diverso. A intención é cubrir un baleiro no panorama artístico galego. Segundo contan os pais da criatura, os artistas Olmo Blanco e Diego Vites e a crítica de arte Ania González, o FAC Peregrina Furancho de Arte Contemporánea é un espazo proxecto artístico autoxestionado que xorde da necesidade dun lugar intermedio (nin comercial nin institucional) para a arte.

Una proposta orixinal e compromotida para estes tempos escuros: Reconversión artística-furancheira!  

facperegrina.wordpress.com/

venres 07 decembro 2012

En NOVAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram