Ensamblaxes

O escultor guardés Daniel Alonso presentará a súa última colección de esculturas titulada "Ensamblaxes pétreas", a través da cal pretende romper a idea da escultura estática en pedra.
Os seus ultimas creacións son pezas de mármore, pedra e madeira que están ensambladas mediante espigos, atadas con fío, e son móbiles. Remítennos á tradición estrutural dos dispositivos de pesca e do campo, dende unha óptica contemporánea.

Ademais, poderase ver na exposición a nova liña de obxectos de deseño en mármore, edicións limitadas, numeradas e asinadas de pezas de liñas puras que xogan coa experimentación e que formulan novas utilidades contemporaénas nun material tan clásico como o mármore e o granito galego.

A inauguración da exposición terá lugar no Palacete das Mendoza, na Praza de Santa María, en Pontevedra, este luns 3 de Decembro de 7 a 8.30 da tarde, con viño español.

O horario será de 11 a 14 e de 17 a 20 horas. Os fins de semana e festivos só pola mañá.


A exposición poderase visitar ata o día 17 de Decembro de 2012.
Esperámosvos!!!


http://galizart.blogs-r.com/weblog/gl/galerias/galizart/Daniel_Alonso
http://galizart.blogs-r.com/weblog/ver-post/daniel_alonso

martes 04 decembro 2012

En EXPOSICIÓNS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram