Edición dixital do epistolario de Luis Seoane

 Coa publicación na rede da correspondencia entre Luis Seoane e diferentes persoeiros do eidos culturais galego e arxentino cúmprense os dous principios fundamentais do proxecto do Consello da Cultura Galega que se presenta agora na Fundación Luis Seoane: a difusión e posta a disposición de investigadores e usuarios en xeral dos epistolarios de relevantes figuras da cultura galega, con especial atención a aquelas que desenvolveron o seu labor e desarrollaron su labor no mundo da emigración e o exilio. É por iso que resulta especialmente axeitada a elección do epistolario de Luis Seoane para a posta en marcha desta iniciativa, unha xoia documental cuxos orixinais custodia a Fundación Luis Seoane, grazas aos que se pode trazar tanto o percorrido vital e intelectual do artista galego como afondar en diferentes aspectos do eido sociocultural galego-arxentino da época. Ernesto Sábato, Ramón Otero Pedrayo, Valentín Paz-Andrade, Norberto Frontini, Francisco Fernández del Riego, Attilio Rossi, Ánxel Fole, Lipa Burd, Lázaro Goldstein, Ricardo Carballo Calero e outros moitos escritores, artistas, historiadores, etc. a ambos os dous lados do Atlántico mantiveron unha intensa correspondencia con Seoane, estableciendo lazos de amizade que ao mesmo tempo eran pontes de intercambio intelectual nun momento en que era especialmente complicado crear canles de difusión cultural.  

O epistolario de Luis Seoane está dispoñible en http://epistolarios.consellodacultura.org

xoves 30 xaneiro 2014

En NOVAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram