Deixa entrar a arte na túa vida!

 Bases legais para o sorteo dun gravado de Eugenio Granell


A Fundación Eugenio Granell, CIF G-15520422, Pazo de Bendaña, s/n, praza do Toural 15705 - Santiago de Compostela, A Coruña
www.fundacion-granell.org Teléfonos 981572124/981576394/ correos electrónicos de contacto:secretaria@fundacion-granell.org / administración@fundacion-granell.org


 

PRIMEIRA. Obxectivo, prazo de participación, número de boletos, data de
celebración do sorteo e ámbito territorial
O obxectivo que se persegue é a recadación de fondos para o mantemento do museo e
para o desenvolvemento do seu programa cultural e educativo para o ano 2014.
Pode participar neste sorteo calquera persoa interesada na adquisición dun gravado
orixinal de Eugenio Granell.
O período de participación neste sorteo establécese do seguinte xeito:
 Data de inicio: 1 de xuño de 2014
 Data de finalización: 21 de decembro de 2014, ambos os dous incluídos
 Data do sorteo: 22 de decembro de 2014
Poranse á venda mil participacións (1000) numeradas dende o 000 ao 999, ambos os
dous incluídos, polo prezo de 10 euros por boleto.
As bases do sorteo serán publicadas nas redes sociais, na súa páxina web e na sede da
Fundación Eugenio Granell, dende a data de inicio da participación ata a data do sorteo.
O ámbito territorial será a Comunidade Autónoma de Galicia.

SEGUNDA. Premio
Sortearase o gravado do artista Eugenio Granell
El hilo del azar sen data de edición
Serigrafía. Folla 72 x 57,5 cm/ Estampador: Taller Serigrafía Artística de SA Santo
Domingo. Prezo: 1200 € (IVE incluído)
Acompañado do certificado de autenticidade da obra.

TERCEIRA. Procedemento do sorteo: sorteo, publicación e reclamación
O número premiado será o que coincida cos tres últimos díxitos do primeiro número
premiado no sorteo da Lotería Nacional, celebrado o vindeiro 22 de decembro de 2014.
A Fundación Eugenio Granell publicará, ao día seguinte da celebración do sorteo, a
través da súa páxina web, das súas redes sociais e nun dos taboleiros de anuncios da
sede da Fundación Eugenio Granell, o número gañador do sorteo.
O gañador disporá ata o día 22 de xaneiro de 2015, incluído, para reclamar o premio.
Os horarios son os seguintes:
De martes a venres, de 9:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h.
Non se inclúen os luns, sábados, domingos, nin os días 24, 25 e 31 de decembro 2014 e
1 e 6 de xaneiro de 2015.
A aceptación poderá facerse:
-Comparecendo na sede da Fundación Eugenio Granell
-Chamando aos teléfonos: 981 572 124 / 981 576 394
-Ou comunicándoo ao seguinte correo electrónico: secretaria@fundacion-granell.org
Así mesmo, o gañador terá que presentar, durante este prazo, como norma obrigada, o
orixinal do boleto, e non serán válidas nin fotocopias, nin calquera outro documento ou
acto encamiñado a demostrar a súa posesión.
No suposto de que exista unha imposibilidade manifesta para comparecer na sede da
Fundación durante o prazo estipulado, o premiado deberá enviar a papeleta premiada
por correo certificado, ou ben escaneada por correo electrónico, ao enderezo da sede da
Fundación que consta nestas bases. Unha vez comprobada a autenticidade da papeleta, a
entidade enviará o premio ao enderezo do remitente, que se fará cargo de todos os
gastos que xere o seu envío e das posibles deterioracións que poida sufrir durante o seu
transporte.
En caso de que o gañador non reclame o premio no prazo estipulado, o premio quedará
de novo no poder da Fundación Eugenio Granell.

CUARTA. Entrega do premio
A Fundación Eugenio Granell realizará a entrega na sede da entidade e será entregado
por algún dos responsables da entidade.
No suposto de que exista unha imposibilidade manifesta para comparecer na sede da
Fundación para recibir o premio, realizarase a entrega de forma simbólica.
A entidade enviará o premio ao enderezo do remitente, que se fará cargo de todos os
gastos que xere o seu envío e das posibles deterioracións que poida sufrir durante o seu
transporte.

QUINTA. Utilización publicitaria do nome do gañador
O gañador autoriza a reproducir, utilizar e difundir o seu nome, apelidos e imaxe en
calquera actividade publicitaria e/ou promocional que estea relacionada con esta
promoción –todo iso en calquera medio, incluída internet– e a colgar fotos súas na web.
Estas actividades non lle conferirán ao gañador dereito ningún de remuneración ou
beneficio, agás a entrega do premio gañado conforme a estas bases.

SEXTA. Fiscalidade dos premios e participación dos menores e incapaces
legalmente
Aos premios da presente promoción seranlles de aplicación as normas en vigor, no
momento da aceptación do premio por parte da persoa premiada, contidas na Lei
35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas se o
premiado tivese residencia fiscal en España. De acordo con estas normas,
corresponderalle á Fundación Eugenio Granell a realización da retención ou o ingreso a
conta dos referidos impostos.
Cando o gañador sexa un menor ou un incapacitado legalmente deberá vir acompañado
do seu representante legal.

SÉTIMA. Aceptación e depósito das bases
Os participantes, polo mero feito de participaren neste sorteo, aceptan as súas bases e o
criterio da Fundación en canto á resolución de calquera cuestión derivada deste sorteo.
Os participantes poderán consultar as bases desta rifa na páxina web da Fundación
Eugenio Granell.
Santiago, 1 de xuño de 2014
Natalia Fernández Segarra
Directora da Fundación Eugenio Granell

martes 01 xullo 2014

En NOVAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram