Días de Rock and Roll

 Do 11 ao 26 de abril preséntase en La Casa Taller da Guarda a exposición "Días de rock and roll". Unha mostra fotográfica comisariada por Daniel Alonso, que recoje fotografias dos dez últimos anos da escena guardesa, da man de 2 fotógrafos guardesesIago Alonso, un novo fotógrafo local que percorre Galicia polos concertos e festivais intentando retratar a realidade musical e Weekend Islands, un blog de surf e subcultura que retrata con precisión a realidade musical local.
A exposición consta de 60 imaxes de formato das bandas locais,Frakaso Eskolar, Simios, Santos MorcegosAsegunThe Pretty ShirtsMalcolm X, Viven, e The Loopholes, entre moitas outras.




Dende finais dos 80 a escena musical 
guardesa está en plena efervescencia, bandas que aparecen e desaparecen, que xiran por toda Galicia e editan discos regularmente. Dende os 2000 a escena multiplicouse exponencialmente, por iso queremos deixar constancia deste fenómeno.

inauguracion será en La Casa Taller, no Paseo Marítimo da Garda, o sábado 11 de abril aos 20: 00 horas, con cervexa e a nova banda guardesa "KIll me truck" en directo. Espérase a participación de músicos locais, empresas de marchandizaxe, e promotores culturais da zona.

expo permanecerá aberta ata o dia 27 de abril e poderase visitar todas as tardes, aínda que aconsellamos pedir cita por Facebook ou por teléfono chamando a La Casa Taller. 986610417

xoves 09 abril 2015

En EXPOSICIÓNS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram