Cuarto público

                                                  
CUARTO PÚBLICO é un proxecto de feira de arte novo, independente, que celebra a súa primeira edición  do 29 de novembro ao 1 de decembro do presente 2013. Busca converterse en escenario de acción, e sobre todo interacción, entre diferentes axentes do sector da arte contemporánea: artistas, galeristas, comisari@s, editoriais, profesionais da crítica e da xestión cultural. Dinamizar o contexto galego actual e supoñer un punto e contrapunto de encontro: esa é a pretensión de CUARTO PÚBLICO.


Todo isto, converxendo nun formato aberto e flexible, e ao mesmo tempo novidoso para Galicia. Un lugar de tránsito, como o momento que estamos a vivir nestes intres: UN HOTEL. As habitacións acollerán no seu interior pezas de arte, comisariados, debates, conferencias, performances e outras manifestacións culturais. Será unha explosión da creación actual galega, con actividades máis e menos especializadas, pero inclusivas, cun obxetivo prioritario: achegar a arte a todos os públicos, rompendo barreiras elitistas.

http://www.cuartopublico.com/



 

martes 26 novembro 2013

En NOVAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram