Correa Corredoira. Os días pintados / Nas distancias curtas
Este comezo de ano, A Coruña olla cara a obra dun dos seus artistas máis xenuinos. A Fundación Luis Seoane ofrece una ampla retrospectiva que abrangue pintura, debuxo e escultura, con case un centenar de obras. Para completar o percorrido, non moi lonxe da Fundación, a galería Monty4 propón un achegamento máis íntimo, case doméstico. Ambas mostras compleméntanse nunha ocasión única para coñecer ao demiurgo Corredoira. Imprescindible!
Fundación Luis Seoane. Correa Corredoira. Os días pintados
Fechas: 27 Xaneiro 2017 - 21 Maio 2017
Comisario: David Barro

O título da exposición, Correa Corredoira. Os días pintados, contén unha dobre referencia: por un lado, destaca o carácter autobiográfico da obra do artista, a través da que é posible rastrexar os acontecementos chave na súa vida, así como a evolución das súas principais influencias culturais; por outro, establece unha conexión coa exposición Correa Corredoira. Os días gravados, organizada pola Fundación Luis Seoane nos anos noventa. Naquel momento, ao igual que agora, a elección de Correa Corredoira para protagonizar unha mostra monográfica na Fundación non foi casual, xa que, como explica o comisario de Os días pintados, David Barro, “Correa Corredoira é un artista fundamental da arte galega das últimas décadas. O seu labor no colectivo A Galga, na galería Gruporzán ou en Atlántica é absolutamente chave para comprender a arte e a cultura desenvolvidos en Galicia”.

É por iso que, grazas a Os días pintados, o espectador se introducirá non so no universo dun artista primordial na historia da arte galega da segunda metade do século XX, senón que, ademais, asistirá á evolución da súa traxectoria creativa. Na selección de obra realizada por David Barro e o propio Correa Corredoira, están presentes as súas imaxes e temas máis icónicas: a maternidade, o erotismo, os mitos clásicos, a viaxe que realiza a México no ano 1979, as paisaxes, o mar, as crufixións ou os seus célebres boxeadores.
Os días pintados descubre a obra dun creador libre e independente, dunha figuración pictórica que ten os seus alicerces fundamentais na relación do corpo co espazo ou no dominio da cor, e que se nutre das moitas afinidades da vasta cultura do artista: Picasso, Nietzsche, Giacometti, Rembrandt, Bacon, García Lorca, Beckett, os mitos clásicos… En definitiva, a obra, nas palabras do crítico Xavier Seoane, dun “romántico en sentido estricto”, comprometido coa creación. O reencontro dunha cidade coa historia da súa arte.
Galería Monty4: Nas distancias curtas
Fechas:10 de febreiro - 31 de marzo 2017
Nas distancias curtas componse de obras dende principios da década dos 80 ata o ano 2016. Dende as súas primeiras pezas, de gran forza expresionista e nas que prevalece un estilo abstracto e simbólico moi marcado, a obras de carácter máis figurativo nas que predomina o seu interese polo corpo humano.
Pezas posteriores nas que se comprace na beleza da paisaxe e que transmiten a paz e o contento do seu amor pola pintura sen máis, e tamén obras con certo carácter literario que nos abraian coa súa capacidade para evocar historias na nosa imaxinación. Quixemos tamén mostrar a variedade de formatos e técnicas (collage, acuarela e óleo) que Correa utilizou durante toda a súa carreira, mostrando a súa capacidade creativa que non coñece límites nin restricións.
O máis interesante desta mostra é que o estilo persoal de Correa Corredoira emerxe de entre esta mestura de técnicas, formatos, temáticas e cronoloxías. O que podería ser caos convértese en harmonía, e somos capaces de recoñecer o entusiasmo do artista en todas as súas obras.

luns 13 febreiro 2017
En EXPOSICIÓNS | | Permalink
os comentarios foron deshabilitados.
-
Galerías
Algunhas das miñas fotos- Street Art
- Gemma Marqués
- José Luis García
- Matías Marqués
- varios
- Mané Boán
- Salanova
- Tesouro
- Roxel
- Enrique Lista
- Ramón Casanova
- Fran Lareo
- Pirucha
- Daniel Alonso
- Xesús Méndez Padín
- Ritta Bremer
- Alejos
- María Xesús Díaz
- Mercedes Molares
- Maica Alonso
- Mónica Vila
- Santi Collazo
- Ligazóns
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS