Conversas con Correa Corredoira. Mesas redondas co artista
Fechas: 16 Febreiro 2017 - 23 Marzo 2017
Lugar: Fundación Luis Seoane (A Coruña)
Lugar: Fundación Luis Seoane (A Coruña)
Participantes: Fernando Blanco, Lino Braxe, Berta Cáccamo, Vari Caramés, Xabier Correa Corredoira, Miguel Anxo Fernán Vello, Ánxel Huete, Xoti de Luis, Juan Martínez de la Colina, Manolo Moldes, Xesús Montero, Anxeles Penas, Asunta Rodríguez, Xavier Seoane, Jaime Tenreiro
Con motivo da celebración da exposición Correa Corredoira. Os días pintados, a primeira retrospectiva da obra pictórica de Xabier Correa Corredoira (A Coruña, 1952), a Fundación Luis Seoane organizou unha serie de mesas redondas nas que o pintor, xunto cun grupo de especialistas pertencentes ao mundo da arte e da cultura, debatirán acerca de cuestións relativas á estética, a poesía, o feito pictórico, e os aspectos fundamentais que rodearon o desenvolvemento do tecido artístico e cultural en Galicia e, máis concretamente, na Coruña nas últimas décadas. Artistas como Xoti de Luis, Ánxel Huete, Berta Cáccamo, Jaime Tenreiro, Fernando Blanco, Manolo Moldes e Vari Caramés; os galeristas Asunta Rodríguez e Xesús Montero; escritores como Manuel Rivas, Miguel Anxo Fernán Vello e Xavier Seoane, e outros nomes destacados como o xornalista Xosé Manuel Pereiro, a crítica de arte e artista plástica Anxeles Penas, o historiador Xurxo Taxes, o actor e director teatral Lino Braxe, e o coleccionista Román Pereiro, ademais do propio Correa Corredoira, ofrecerán durante estes cinco encontros abertos ao público e moderados polo artista e profesor Juan Martínez de la Colina, a oportunidade de adentrarse na obra dun artista fundamental para comprender o desenvolvemento da arte en Galicia a partir do último tercio do século XX a través das circunstancias históricas, culturais e artísticas que deron forma ao seu universo creativo.
Todas as mesas redondas comezarán ás 19:30 horas. A entrada é libre ata completar aforamento.
Calendario
16 de febreiro
La Galga. Reflexións arredor da arte da transición na Coruña
Xavier Seoane
Xurxo Taxes
Manolo Rivas
Xoti de Luis
2 de marzo
Atlántica. A resposta de Galicia cara ao mundo
Anxel Huete
Román Pereiro
Asunta Rodríguez
9 de marzo
Días pintados, tempos de escrita
Miguel Anxo Fernán Vello
Lino Braxe
Ánxeles Penas
16 de marzo
O pracer da pintura
Berta Cáccamo
Jaime Tenreiro
Fernando Blanco
Manolo Moldes
23 de marzo
A Coruña cidade da arte
Xesús Montero
Vari Caramés
Xosé Manuel Pereiro
martes 14 febreiro 2017
En CONVOCATORIAS | | Permalink
os comentarios foron deshabilitados.
-
Galerías
Algunhas das miñas fotos- Street Art
- Gemma Marqués
- José Luis García
- Matías Marqués
- varios
- Mané Boán
- Salanova
- Tesouro
- Roxel
- Enrique Lista
- Ramón Casanova
- Fran Lareo
- Pirucha
- Daniel Alonso
- Xesús Méndez Padín
- Ritta Bremer
- Alejos
- María Xesús Díaz
- Mercedes Molares
- Maica Alonso
- Mónica Vila
- Santi Collazo
- Ligazóns
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS