Concurso Francisco Mantecón 2017

PARTICIPANTES

Poderá tomar parte neste certamen calquera persoa física ou xurídica sen máis limitación cás impostas pola legalidade vixente.
 
OBRAS
Os orixinais, que deberán ser inéditos, serán presentados ou enviados (con xustificante de envío, os participantes que o desexen) nas dependencias de Bodegas Terras Gauda en O Rosal (Galicia, España). Tódolos traballos que opten ó certame deben ser presentados en dous tipos de soporte:
· Gravados en alta resolución en un CD ou nun pendrive (lexible en PC), en formato editable: Adobe Photoshop, Illustrator o Freehand.
· Impresos e pegados sobre un cartón pluma debidamente protexido de tamaño 50x70 cm, cun correo electrónico e un teléfono de contacto escritos na parte posterior.
Poderán realizarse con calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc.
Excepcionalmente os orixinais realizados con técnicas pictóricas (óleo, acuarela, gouache, pastel, etc) poderán ser admitidos sen soporte informático.
Poderase presentar un máximo de dúas obras por cada participante.
O tema será libre e preferentemente reflectirá aspectos corporativos da entidade convocante, fundamentalmente, os relativos aos seus viños brancos da variedade Albariño Terras Gauda e Abadía de San Campio. Valorarase positivamente a creatividade neste sentido e o encaixe do anagrama societario.
Bodegas Terras Gauda porá a disposición de tódolos deseñadores que o soliciten o anagrama da entidade en sistema vectorizado para a sua aplicación nas obras a realizar, así coma imaxes dos seus productos. Estarán dispoñibles en: www.terrasgauda.com e en www.franciscomantecon.com
 
PRESENTACIÓN
As obras presentaranse dentro dun sobre pechado, que levará no exterior o pseudónimo do autor. É imprescindible incluír os seguintes datos:
· Nome e apelidos do autor.
· Fotocopia do D.N.I. (Documento oficial de identidade).
· Enderezo, teléfono e correo electrónico, que tamén deben figurar na parte posterior do cartel.
· Escrito de aceptación das bases do certame. Está dispoñible en www.franciscomantecon.com
Os envíos internacionais deben especificar no paquete: Para uso cultural – Sen valor comercial.
 
LUGAR E PRAZO
As obras faranse chegar a: Bodegas Terras Gauda, S.A., carretera de Tui-A Guarda, km 55, O Rosal - 36760 Pontevedra, antes das 18 horas do día 30 de setembro de 2017. Serán admitidos por correo todos aqueles traballos que foran selados nas oficinas de correo antes das 18 horas do día 30 de setembro.
 
CONDICIÓNS
As obras premiadas e todos os seus dereitos pasarán a ser propiedade de Bodegas Terras Gauda, S.A., que así mesmo se reserva o dereito de reprodución das obras finalistas.
Os carteis participantes, unha vez expostos para a reunión do xurado, medios de comunicación e público en xeral, serán destruidos para garantir ós seus autores a non utilización dos mesmos a outros fins alleos a súa participación no concurso.
 
XURADO
O xurado da Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda – Concurso Francisco Mantecón 2017 estará presidida por D. José María Fonseca Moretón, Presidente de Bodegas Terras Gauda.
 
Ademáis, forman parte do xurado:
· Dña. Pilar Barreiro Mosquera · Filóloga e viúva de Francisco Mantecón.
· D. Pepe Gimeno · Deseñador gráfico, 5 TDC Communication Design Awards (Type Directors Club de Nueva York).
· D. Enrique Costas Rodríguez · Director Xeral de Bodegas Terras Gauda.
· D. Enrique López Veiga · Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.
· D. Enrique Cotillas · Subdirector de Deseño e Grafismo de RTVE.
· D. Paulino Novo Folgueira · Filólogo, que actuará como secretario.
· Dña. Angelika Jaglinska · Gañadora da edición anterior.
A decisión do xurado será inapelable e a el corresponderalle resolver calquera circunstancia non prevista nestas bases.
 
PREMIOS
Bodegas Terras Gauda concederá:
· 1º PREMIO, DOTADO CON 10.000€
· 2º ACCÉSIT AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO, DOTADO CON 2.000€
· 2º ACCÉSIT, DOTADO CON 2.000€
· MENCIÓN ESPECIAL, DOTADO CON 2.000€ (A bodega resérvase o dereito de conceder a Mención Especial).
O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios. Neste caso, o importe correspondente doarase a unha entidade que, a criterio do xurado, destaque en Galicia polo seu labor social ou cultural.
 
ENTREGA DE PREMIOS
A comunicación da decisión do xurado farase pública nun acto, a celebrar antes do 31 de decembro de 2017, en lugar e data que se comunicará oportunamente ós autores das obras que queden entre as finalistas e en www.terrasgauda.com e www.franciscomantecon.com
Para máis información, poden contactar con Bodegas Terras Gauda, S. A.
Teléfono 986 621 111/981 227 200
Fax 986 621 084
E-mail: comunicacion@terrasgauda.com
 
CLÁUSULA LOPD
De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable BODEGAS TERRAS GAUDA, S.A. con domicilio social en Estrada Tui A Guarda Km 55, 36760 O Rosal (Pontevedra). A finalidade deste ficheiro é levar a cabo a xestión de datos de concursos que organiza a empresa. Informámoslle de que os seus datos poderán ser cedidos ós medios de comunicación coa finalidade de dar a coñcer ós participantes e gañadores dos concursos organizados. Si o desexa poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito á dirección sinalada, adxuntando unha fotocopia do seu DNI.

mércores 29 marzo 2017

En CONVOCATORIAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram