Ciclo de conferencias: Mentres sucede. Derivas do presente

CGAC. Santiago de Compostela> 5 MAYO, 20.00h

FUNDACIÓN BARRIÉ> 6 MAYO, 20.00h

FRANCISCO JARAUTA
 
Catedrático de Filosofía da Universidade de Murcia, realizou estudos de Historia, Historia da Arte e Filosofía nas Universidades de Valencia, Roma, Münster-Westfalia, Berlín e París. Profesor invitado de universidades europeas e americanas, os seus traballos oriéntanse especialmente no campo da historia das ideas, a filosofía da cultura, a estética e teoría da arte. Entre as súas numerosas publicacións merecen ser salientados os ensaios Kierkegaard. Los límites de la dialéctica del individuo, La filosofía y su otro e Fragmento y totalidad: los límites del clasicismo. Recentemente foi comisario de varias exposicións internacionais como El hilo de Ariadna (2012) e Colección IVAM. XXV Aniversario (2014).
 
A situación das artes
 
Nas últimas décadas a institución da arte xogou un papel crecente á hora de establecer os códigos de lectura de todos aqueles problemas que, desde a identidade á diferenza cultural, as formas do poder e o seu uso, emerxencias e conflitos varios, foron definindo as transformacións do mundo contemporáneo. Esta reflexión dá conta dunha análise, entre cultura e arte, do mundo actual, contrastado pola ollada da crítica e pola discusión verbo do papel que deben desempeñar institucións como museos, centros de cultura contemporánea e, en definitiva, a arte na pluralidade das súas formas e prácticas.
 
 
 
FUNDACIÓN BARRIÉ. A Coruña> 13 MAYO, 20.00h

ANDRÉS JAQUE
 
Arquitecto pola ETSAM e “Tessenow Stipendiat” da Alfred Toepfer Stiftung FVS, é profesor de Deseño Avanzado en Columbia University GSAPP e profesor visitante en Princeton University SoA. O seu proxecto “IKEA Disobedients” é a primeira situación arquitectónica incorporada á colección do Museum of Modern Art de Nova York (MoMA). Fundador de Oficina de Innovación Política, foi premiado co “León de Prata” ao mellor proxecto de investigación da 14 Bienal de Venecia irixida por Rem Koolhaas e gañador no 2015 do “Young Architects Program” do MoMA PS1.
 
Transurbanismos caseiros
 
Non facemos política nas prazas. Non vivimos nas casas. Non traballamos o campo. Nin a cidade, nin o suburbio, nin o rural son quen de conter o día a día contemporáneo. Unha escolma de investigacións e proxectos da Oficina de Innovación Política permiten adiantar como a interacción social nestes momentos desborda as imaxes estereotipadas do urbano para aloxarse en composicións transtecnolóxicas, discontinuas e performativas. Proxectos como “Sales Oddity”, “IKEA Disobedients” ou “ESCARAVOX”, teñen como obxectivo operar nesta transformación e explorar as formas transtecnolóxicas do político.
 
 

FUNDACIÓN BARRIÉ. A Coruña> 9 JUNIO, 20.00h

CGAC. Santiago de Compostela> 10 JUNIO, 20.00h

JUANA DE AIZPURU
 
Juana de Aizpuru dedicou a súa vida á arte contemporánea, fundamentalmente como galerista. En 1970 abre a súa primeira galería en Sevilla e en 1982 en Madrid, ambos espazos orientados á promoción das novas tendencias, tanto españolas como internacionais. Distínguese por ter sido artífice de ARCO Madrid, a principal feira de arte contemporánea en España, e da Asociación Española de Galeristas de Arte Contemporánea. A súa actividade como galerista compaxinouna co comisariado de exposicións. A súa traxectoria foi recoñecida con importantes premios como a Medalla de Ouro ás Belas Artes.
 
As galerías como axentes dinamizadores do desenvolvemento da Arte
 
A veterana galerista ofrecerá un percorrido a través dos case 45 anos de existencia da súa galería, analizando a evolución da sociedade, durante todo este tempo e, por tanto, do mundo da arte e das galerías. Unha viaxe a través dunha xeografía persoal, das exposicións, especialmente dos artistas, e tamén dos retos e proxectos do presente, do coleccionismo e do mercado da arte.  
 
 

CGAC. Santiago de Compostela> 22 JUNIO, 20.00h. Tradución simultánea

SARAH THORNTON
 
Escritora e socióloga da arte, titulada en Historia da Arte e cun doutorado en socioloxía, Drawing from Howard Becker and Pierre Bourdieu, a súa tese de doutoramento foi publicada como Club Cultures: Music, Media and Subcultural Capital. Thornton foi a redactora xefe en arte contemporánea para The Economist, ten colaborado en moitas publicacións, programas de televisión e emisoras de radio e foi coeditora da primeira edición de The Subcultures Reader. É autora de Sete días no mundo da arte, un best seller internacional dispoñible en 16 idiomas. En 2014 publica 33 artistas en 3 actos, un lúcido exame verbo do elevado papel que os artistas ocupan como figuras esenciais da nosa cultura.
 
33 artistas en 3 actos
 
Sarah Thornton disertará sobre a estrutura e a metodoloxía do seu novo libro 33 artistas en 3 actos, o cal explora distintas cuestións arredor dos artistas: Que é un artista hoxe en día? Como os artistas dominan a credibilidade no seu traballo? Como se moven a través do mundo da arte e o seu xogo? Que mitos artísticos animan ou rexeitan? 

martes 28 abril 2015

En CONVOCATORIAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram