Arte, cultura, educación. Foro Pontevedra
O foro de arte, cultura e educación de Pontevedra, son unhas xornadas dirixidas a toda a comunidade escolar, a profesionais e destinatarios do ámbito da educación.
Un encontro co fin de crear un espazo de reflexión conxunta e un intercambio de experiencias entre administracións escolares, institucións artísticas, mestres e profesores, alumnos e familias.
Un lugar para debatir sobre a necesidade dunha complementariedade efectiva entre arte e educación en todos os niveis e en contextos formais e non formais, e sobre a importancia de xerar interseccións e territorios comúns. Así como a educación vai máis aló do sistema escolar, a arte non se circunscribe aos ámbitos de produción e reflexión artística como museos e departamentos de acción cultural.
Ademais, a arte, área universal e versátil que podería xerar vantaxes como estratexia nunha educación intercultural e inclusiva, tende a elitizarse nos novos plans.
Con este programa de conferencias e debates exponse unha reflexión sobre a situación actual e unha anticipación ante os retos futuros. As xornadas divídense en tres bloques, que constitúen as esferas de produción cultural por parte das institucións educativas, artísticas e non formais.


sabado 23 abril 2016
Enviar un comentario
-
Galerías
Algunhas das miñas fotos- Street Art
- Gemma Marqués
- José Luis García
- Matías Marqués
- varios
- Mané Boán
- Salanova
- Tesouro
- Roxel
- Enrique Lista
- Ramón Casanova
- Fran Lareo
- Pirucha
- Daniel Alonso
- Xesús Méndez Padín
- Ritta Bremer
- Alejos
- María Xesús Díaz
- Mercedes Molares
- Maica Alonso
- Mónica Vila
- Santi Collazo
- Ligazóns
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS