Art helps Nepal

 ART HELPS NEPAL xorde como unha resposta do sector artístico ante a situación de desolación e catástrofe que viviu, e que se recrudece por minutos coa inminente chegada dos monzones, o pobo de Nepal. O obxectivo é recaudar a maior cantidade de diñeiro posible que será destinada íntegramente a UN Women de Nepal (http://asiapacific.unwomen.org).
A axencia ONU MULLERES, quen traballa para garantir a protección das poboacións máis vulnerables, comprometeuse a apoiar os esforzos de socorro xunto coa poboación de Nepal, e recoñece o papel esencial que desempeñan as mulleres para formular as prioridades de asistencia e a reconstrución do país. 


POXA DE ARTE CONTEMPORÁNEA 
O prato forte do proxecto vén da man desta poxa de Arte Contemporánea que se celebrará o 27 de xuño de 2015 no salón de actos do MARCO de Vigo. 28 artistas contemporáneos de recoñecido prestixio internacional e importante proxección, doaron obras en beneficio das vítimas dos terremotos en Nepal. 
As obras estarán expostas desde as 12:00 h no salón de actos do MARCO (Rúa do Príncipe, 54 Vigo). Ademais, pódese consultar toda a información dos traballos cedidos polos artistas, en www.arthelpsnepal.squarespace.com 
Para todos aqueles que non estean en Vigo nesta data, e estean interesados nalgunha das obras, poden poñerse en contacto en arthelpsnepal@gmail.com ou seguir no twitter https://twitter.com/arthelpsnepal 
Os artistas que colaboran son:

Alberto Feijóo
Alejandro Leonhardt
Antón Patiño
Arantxa Boyero
Carla Andrade
Carme Nogueira
Christian García Bello
Cristina Megía
David Catá
Diego Santomé 
Din Matamoro
Ian Waelder
Jesús Madriñán
Joan Morera
Julio Sarramián
Lois Patiño
Loreto Martínez Troncoso
Los bravú
María Sánchez
Menchu Lamas
Miguel Ángel Tornero
Misha Bies Golas
Pilar Alonso
Rohan Thapa
Ruth Montiel Arias
Santiago Talavera
Tamara Feijóo
Vari Caramés

martes 16 xuño 2015

En NOVAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram