Arco 2014

A edición 2014 de ARCO, a Feira de Arte Contemporánea de Madrid, contará coa presenza de catro galerías galegas, unha máis do que no pasado ano. As viguesas Ad Hoc e Bacelos e a compostelá Trinta, xa habituais no evento, estarán este ano acompañadas no programa xeral da tamén viguesa PM8, que se estrea na feira. O recoñecido evento internacional de arte celebrarase no IFEMA entre o 19 e 23 de febreiro de 2014, cunha sección especial dedicada a Finlandia. Ademais, no apartado Opening, participarán galerías seleccionadas por Luiza Teixeira de Freitas e o comisario galego Manuel Segade.

xoves 06 febreiro 2014

En NOVAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram