A Coruña ríndese á luz de Sorolla

 Son bos tempos para os amantes da arte de Sorolla. Coinciden na Coruña dúas exposicións que nos achegan parte do seu legado artístico. Unha oportunidade única para disfrutar dun dos grandes nomes da arte española.  

A exposición "Sorolla íntimo. Bosquexos da serie Visión de España" chega ao Museo de Belas Artes da Coruña, tras mostrarse na sede da Fundación Bancaja de Valencia e nos Museos de Alicante e Castellón. Organizada pola Generalitat Valenciana e a Fundación Bancaja coa colaboración da Hispanic Society of America, mostra por primeira vez ao público 32 bosquexos que Joaquín Sorolla (Valencia 1863-Cercedilla 1923) realizou como preparación para a súa obra Visión de España, un dos traballos máis esixgentes da súa carreira e dos proxectos máis importantes que culminou en 1919, e que estaba composto por catorce paneis monumentais sobre as rexións de España que o artista pintou para a biblioteca da citada institución neoiorquina.

Únese ao percorrido sorollesco a sede coruñesa da Fundación Barrié, que acolle a exposición "Sorolla. Tierra adentro"  que presenta un lado menos coñecido do artista, que deixa o Mediterráneo polas paisaxes interiores á procura dunha España pura e sobria, máis do gusto do rexeracionismo do momento.
 A exposición, composta por 67 pinturas, todas elas pertencentes á colección Museo Sorolla e á Fundación Museo Sorolla, presentarase na Fundación Barrié coincidindo co seu 50 aniversario.


venres 04 novembro 2016

En EXPOSICIÓNS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram