A A COA R, AR E A T COA E, TE. Taller con Suso Fandiño

O primeiro día de colexio ensínannos a xuntar as consoantes cos vogais, ensínannos a interpretar e máis tarde a asociar esta aprendizaxe co mundo que nos rodea. Ao abrir un libro podemos interpretar páxina a páxina sen necesidade de ter diante cada un dos obxectos, imaxes e situacións necesarios para poder recrear a narración. Que sucedería se realizásemos a operación á inversa?A arte contemporánea produce relatos a partir de obxectos, imaxes e situacións, é unha linguaxe repleta de diversidade e de riqueza, susceptible de ser interpretada. Desde o taller proposto por Suso Fandiño intentaremos internarnos nestes outros modos de producir comunicación, descifrando desde a análise e a práctica a súa linguaxe.

 
PROGRAMA
 
Venres 17 de abril 
·      Introdución e presentación
·      Análise inicial. “A arte é para todos pero só unha elite o sabe”
·      Crónica dunha morte anunciada (Criterios previos para unha deslexitimación do modelo totalitario de produción cultural)
·      Análise da eliminación paulatina da educación artística no contexto educativo actual
§  Informe Eurídice
·      Arte contemporánea e amarillismo. A deslexitimación social da cultura nos medios de comunicación
 
Sábado 18 de abril 
·      Arte contemporánea. Análise particular dunha linguaxe e a súa lectura
·      A p coa a, pa. Isto tampouco é un pipa.
·      O marco de acción da exposición como medio
·      Preparación da visita. Cartografía da sala (mapping)
§  Visita deliberadamente non guiada
·      Análise das cartografías da sala
 
Viernes 24 de abril 
·      Descodificando Linguaxes
§  Icónico/Plástico
§  Penetración/Interpenetración
§  Contexto/Descontextualización
§  Significación/Insignificancia
§  Codificación/Descodificación
§  Construción/Deconstrución
·      Planificación das actividades do taller
§  O como, o que e o por que. Estratexias e modus operandi
 
Sábado 25 de abril 
·      Saída. Está aí, están aí.
·      Ferramentas:
§  Procedementos (fotografía, recollida)
§  Buscar, atopar e transformar no ámbito físico e social do CGAC
·      Posta en común
·      Análise de tácticas e estratexias
·      Valoración de resultados

DESTINATARIOS: estudantes de ciencias da educación, belas artes, artes e oficios, historia da arte, profesores e todas aquelas persoas interesadas nas artes plásticas e na expresión artística.
 
PRAZAS: mínimo 10 / máximo 20
 
MATRÍCULA: 20 €
 
INSCRICIÓN
: as persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico a cgac.educacion@xunta.es ou chamando ao teléfono 981 546 602. As solicitudes deberán incluir os siguientes datos: nome completo, estudos, área de traballo ou interese, dirección de correo electrónico e teléfono de contacto.
 Unha vez que lles confirmemos a inscrición, enviarémoslles as indicacións precisas para facer efectiva a matrícula

http://www.cgac.org
http://www.facebook.com/CGACSantiago
twitter: @cgac_santiago

mércores 01 abril 2015

En CONVOCATORIAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram