25 Aniversario da Facultade de Belas Artes

 VENRES 30 DE OUTUBRO

 
Xornada de portas abertas. Haberá dúas visitas guiadas á facultade as 11:30h e as 16:30h. Inaugúrase o Proxecto vitrinas na entrada da Facultade e estarán expostas as pezas producidas co patrocinio da Empresa Lab-in.
 
 
 
Mañán
 
10:00h-12:30h  
Charla-seminario práctico con Inacio Vilariño: “Da Facultade de Belas Artes ó teatro de obxetos”
 
11:00h a 21:00h 
Feira de creación 25 aniversario, con pezas elaboradas por estudantes e ex- estudantes da facultade
 
12:30h 
Mesa redonda “Pasado e Futuro da Facultade, 25 anos”. Charla cos ex-decanos, un membro da directiva da Asociación de ex-estudantes de BBAA e a decana da Facultade.
 
Tarde
 
17:30h  
Presentación Asociación de ex-estudantes da Facultade de Belas Artes. 
 
Mesa redonda con exalumnos: “Os titulados en Belas Artes e o percorrido profesional”.
 
19:00h  
Acto do 25 aniversario no salón de actos na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, presentado pola ex-alumna Lúa Gándara con música a cargo dun grupo de estudantes da Facultade e coa proxección da Memoria visual dos 25 anos.
 
O salón de actos lucirá unha intervención a cargo dos estudantes de Proxectos de debuxo e pintura de 4º curso. 
 
20:30h Performance colectiva a cargo dos estudantes de Proxectos de Arte de Acción de 4º curso.

Progama

mércores 28 outubro 2015

En NOVAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram