13 Concurso de Fotografía Xurxo Lobato 2017

Convocado pola Asociación de antigos alumnos do instituto Monelos [A Coruña] [ExMonelos]
 
1. PARTICIPANTES
O concurso vai dirixido ao alumnado deEducación Secundaria, Bacherelato e Formación Profesional de Galicia, cun límite de idade para presentarse de 21 anos.

2. CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS
• O tema é libre.
• As fotografías poden presentarse en branco/negro ou cor.
• Máximo de 3 fotografías por participante
• As fotografías serán en formato dixital e só se poderán enviar por correo electrónico.
• Data de entrega: antes do 10 de marzo de 2017.
• Non poderán levar marcas de auga.
 
3. PRESENTACIÓN
Os autores deberán:
• Enviar as fotografías por correo electrónico a fotomonelos@gmail.com cos seguintes datos: nome e apelidos, DNI, idade, teléfono, enderezo, centro de estudo, curso.
• Poñerlle un título a cada foto.
- MANDAR OS DATOS POR O SEGUINTE FORMULARIO
https://goo.gl/forms/xFjNZxAuV9qpPBKp2
 
4. XURADO
• Estará formado por un representante da Asociación de antigos alumnos, outro do Instituto Monelos e tres profesionais ou
estudosos da fotografía.
 
5. PREMIOS
1º premio: diploma e 250 €
2º premio: diploma e 150 €
3º premio: diploma e 100 €
• O xurado considerará a posibilidade deconceder accesits con premios.
• Premio especial para a realización dunproxecto fotográfico baixo a dirección de Xurxo Lobato.
 
6. EXPOSICIÓN
A organización do concurso poderá utilizar as fotografías seleccionadas e as premiadas para a súa difusión (exposicións, edicións, etc.).
 
NOTA. A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.
 
https://www.facebook.com/CONCURSO-DE-FOTOGRAFIA-XURXO-LOBATO-109741835734477/

xoves 26 xaneiro 2017

En CONVOCATORIAS | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado




Google+

Visita el perfil de galizart de Pinterest.
Follow my blog with Bloglovin

Follow



Instagram